ANTONIO VEIGA CRITICA O “MEDICAMENTAZO” CO QUE O GOBERNO IMPÓN AO POBO O COPAGO DOS MEDICAMENTOS E A SANIDADE
Veiga afirmou que “a medida que obriga a pagar os medicamentos aos pensionistas é especialmente lesiva para os lucenses que contan coas pensións máis baixas do Estado”
O BNG apoiou a concentración convocada para hoxe pola plataforma SOS Sanidade Pública en contra desta “contrarreforma privatizadora” da sanidade
A Mariña, 12 de xuño de 2012. O responsábel comarcal do BNG na Mariña, o nacionalista Antonio Veiga, afirmou esta mañá que “hoxe é un día de malas novas para os lucenses porque o goberno vén de introducir a medida do copagamento de medicamentos co que as persoas xubiladas van ter que pagar por medicamentos que antes eran gratuítos, igual que terán que pagar por próteses ou por servizos de ambulancia. Ademais, esta medida chega despois de ter as pensións conxeladas e nunha provincia coma Lugo, onde ademais de haber un moi alto número de persoas xubiladas estas teñen as pensións máis baixas do Estado”. O BNG apoiou a concentración convocada para hoxe pola plataforma SOS Sanidade Pública en contra desta “contrarreforma privatizadora” da sanidade, que se celebrou ás 12 da mañá diante do Hospital da Costa.
Antonio Veiga criticou que “o PP acaba co sistema sanitario universal como un dereito básico da cidadanía e introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no marco da Sanidade Pública hai que ser “asegurado”, deixando fóra aos que non reúnan esa condición, é dicir, que non teñan cotizado. Resulta moralmente inaceptábel que esta decisión do PP vaia deixar sen asistencia sanitaria a persoas por motivos económicos, xa que deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, a pesar de que é un colectivo en diminución pola crise, realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do carácter universal do dereito á asistencia sanitaria e tamén deixa fora aos maiores de 26 anos que non teñan cotizado”.
O portavoz comarcal do BNG da Mariña afirmou que “o Decreto que regula o novo funcionamento do sistema sanitario “reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e introduce o copago (repago) en servizos esenciais como a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non urxente. Crea, ademais, unha rarteira común de servizos accesorios, que pode ser financiada co copago ou a través de aseguradoras privadas, e ademais estabelece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e enfermos crónicos, dificultando o acceso a medicacións e prestacións sanitarias indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade”.
“Esta medida impón desde onte o pago por medicamentos aos pensionistas, quen precisan tres veces máis asistencia por motivos de idade e perciben en Lugo as pensións máis baixas de todo o Estado, o 54% menores de 650 euros ao mes, e unha grande parte menores de 500 euros, cunha medida de copago que empezou a operar hoxe, xunto á medida que aínda se vai poñer en marcha en agosto da exclusión dun grupo de medicamentos do financiamento público”-sinalou Antonio Veiga.
Veiga sinalou que “chove sobre mollado”, quen lembrou que aquí na Mariña sabémolo ben xa que recentemente a propia Consellaría de Sanidade acordou fechar na tempada de verán 30 das 140 camas do Hospital o que supón case un 18% e sitúa ao centro hospitalario da Mariña á cabeza da redución de camas no conxunto do sistema sanitario galego. Sitúase fóra de toda lóxica que o centro de Burela reduza a súa cobertura no período estival, por ser este un momento no que a poboación se multiplica por tres na Comarca e na que precisamente o que sería necesario é reforzar a atención sanitaria xa que a experiencia doutros anos deixa claro que é nestas datas cando se colapsan os servizos sanitarios na zona, tanto en atención primaria como en atención especializada”.
O responsábel comarcal do BNG indicou que “non temos dúbida algunha que todas estas decisións van na dirección de deteriorar as prestacións da sanidade pública para todas as persoas e a calidade asistencial no Hospital da Costa, na perspectiva do desmantelamento, na dupla dirección de avanzar na centralización dos servizos de atención especializada en Lugo como de continuar derivando pacientes á atención privada co fin de deteriorar o sistema público, algo lóxico desde a perspectiva dunha forza política, o Partido Popular, que entende a sanidade como un negocio”.


















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



