O PP FAI HONRA ÁS SÚAS SIGLAS NA XESTIÓN DA CRISE EN GALIZA E MAIS QUE PARTIDO POPULAR É O PARTIDO DO PARO
Bernardo Fraga, Manuel Parga e Xosé Paleo coincidiron na presentación hoxe da campaña “Futuro para A Mariña” en que co PP será imposíbel recuperar o pulso económico da comarca e os dereitos perdidos polas maiorías sociais
A Mariña,5 de xullo de 2012. O Tte. de alcalde de Viveiro, Bernardo Fraga Galdo e o parlamentario nacionalista, Manuel Parga Núñez, presentaron esta tarde as actividades que se desenvolverán na tarde de hoxe venres e na mañá do venres para dar inicio á Campaña Futuro para A Mariña que o BNG desenvolverá nas proximas semanas na comarca onde compaxinará traballo social a pé de rúa con iniciativas institucionais no conxunto dos concellos da comarca.
Os nacionalistas aproveitan as siglas do Partido Popular para convertelo no Partido do Paro tal como demostran as cifras con incrementos do 52% dende a chegada de Feijoo ao goberno da Xunta.
Segundo explicou o parlamentario nacionalista, Manuel Parga, a perda de emprego na comarca dende xuño de 2009 a xuño de 2012 sufriu unha escalada que supera as medias do conxunto do país e do Estado, mentres na Mariña o paro incrementouse nun 52%, en Galiza nun 38% e no conxunto do Estado nun 32%, “estas cifras poñen e evidencia que as destrución de emprego na nosa comarca medra por riba das medias galegas e estatal e en cifras absolutas na Mariña hai 2000 persoas mais sen emprego que en xuño de 2009. O parlamentario nacionalista afirmou que “Estamos asistindo ao desmantelamento industrial en toda regra dunha comarca que tiña un tecido produtivo importante e que era unha das economías máis dinámicas da Galiza oriental”. Para Parga, “o Partido Popular é o Partido do Paro na Mariña e no conxunto do país xa que dende a súa chegada ao poder as cifras de desemprego están disparadas, medrando por riba das do resto do Estado”
Bernardo Fraga afirmou que Viveiro é un concello que aposta polo emprego e a cultura xusto o contrario do que demostra facer algún representante do PP na Mariña.
Para Bernardo Fraga Galdo, é importante que as organizacións políticas saian á rúa a explicar á sociedade as súas propostas, con actos culturais ou sen actos culturais, o BNG estará estes dous días en Viveiro para dar comezo unha campaña necesaria para por sobre a mesa as nosas propostas e identificar con claridade quen está detrás deste desastre “que non son outras que as políticas neoliberais e antisociais que o Partido do Paro está executando dende fai tres anos na Xunta de Galiza.
O Tte. de Alcalde nacionalista de Viveiro afirmou que nas actividades previstas para hoxe e mañá en Viveiro hai cultura, información, debate político e lecer porqué mentres outros utilizan a xestión das administracións para recortarlle os seus dereitos laborais e sociais á cidadanía, o BNG estará sempre na rúa e nas institucións para coller o camiño contrario.
Bernardo Fraga e Manuel Parga explicaron o programa previsto para hoxe e mañá e aproveitaron para dar o seu apoio á mobilización convocada para mañá xoves na defensa dos postos de traballo e a industria na Mariña, nomeadamente Alcoa.
FUTURO PARA A MARIÑA
Xoves 5 de xullo
18:00 Presentación.
Xogos tradicionais
Xogos para nenos
20:00 Mesa redonda.
“A Mariña en crise”
Xosé Paleo Rodríguez (portavoz da CIG-Alcoa)
Manuel Parga Núñez (parlamentario do BNG)
Bernardo Valdés Paços (profesor de Estrutura Económica na USC)
21:30 Concerto
Mini e Mero
22:30 Foliada e xantar popular.
Actuación de distintos grupos da comarca.
Haberá zona de acampada
Venres 6 de xullo
11:00 Xogos para nenos e nenas
Contacontos a cargo de Fátima López


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



