RECEPCIÓN EN MEDINA DEL CAMPO AO CONCELLO DE BURELA E A LEDICIA, QUE SE ATOPAN ALÍ PROMOCIONANDO A FEIRA DO BONITO E PRODUART.
Burela, 14 de xullo de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asistiu en Medina del Campo á recepción ofrecida por ese concello vallisoletano ao de Burela, que se atopa alí xunto coa Sociedade Cultural Ledicia promocionando a feira do bonito e tamén Produart.
Jesús San José, en representación de Ledicia, explicou un pouco a orixe da festa do bonito. A alcaldesa de Medina del Campo, Teresa López, déulles a benvida e agradeceu a viaxe da expedición burelesa para potenciar o bonito que capturan os barcos de Burela. Pola súa banda, o rexedor burelés convidou a Teresa López a que o seu concello acuda a promocionarse a Produart o vindeiro mes de agosto, “ofrecémoslles un stand de forma gratuita para que veñan promocionarse a Burela, tanto o concello coma a súa cultura, a súa gastronomía, etc…”.
E Teresa López tamén convidou a Burela a participar nunha feira que se desenvolverá alí en setembro. González Barcia sinalou que “ao longo dos vindeiros días estudiaremos esta posibilidade, dadas as circunstancias económicas polas que estamos a atravesar. Aínda que teñamos un stand gratis, participar neste tipo de eventos ten uns custes que haberá que analizar”.
A partires das oito desta tarde terá lugar en Medina del Campo a mini feira do bonito na que os veciños desa zona poderán probar o túnido asado, igual que se servirá en Burela a principios do vindeiro mes de agosto. O acto está organizado en colaboración co restaurante La Tapería de la Plaza. Oito persoas, que se desprazaron de Burela, serán os encargados de cociñar o bonito. Ademáis actuará o grupo de música e baile de Ledicia. Mañá domingo seguirá a promoción do bonito de Burela, aproveitando que o comercio de Medina del Campo abre as súas portas durante esa xornada.























Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



