Os recortes de Feijóo e do Alcalde fan que os turistas marchen de praias de Barreiros por inseguridade
– Mentres comerciantes, hosteleiros e Deputación se esforzan por alongar a estancia dos turistas na Mariña e aumentar o negocio, o PP despide ós socorristas e acelera o fin do periodo vacacional. “Mentres nós traemos xente eles bótana”
– Val Alonso denuncia que “o Alcalde non se pode conformar con pechar a porta ós turistas o 24 de agosto nas festas de San Bartolo e máis cando o turismo é o principal piar económico dun Concello coa construción paralizada”
– O socialista pídelle ó PP que recapacite “porque coa súa decisión está a poñer en perigo ós centos de bañistas nos 8 quilómetros de praias de Barreiros”
O Coordinador Comarcal do PSOE lugués na Mariña e responsable da Área do Mar, José Ramón Val Alonso, subliñou hoxe que “os recortes de Feijóo e do Alcalde co despido dos socorristas fan que os turistas marchen das praias de Barreiros por inseguridade. Mentres comerciantes, hosteleiros e Deputación de Lugo se esforzan por alongar a estancia dos visitantes e aumentar o negocio nun Concello coa construción totalmente paralizada e no que o turismo é o seu piar fundamental, o PP confórmase con pechar as portas ós turistas o 24 de agosto nas festas de San Bartolo. É dicir, mentres nós traemos xentes eles bótana”.
“Os recortes do Partido Popular non só paralizan a economía do municipio senón que poñen en perigo ós centos de bañistas das praias de Barreiros que a partires deste vindeiro venres non contarán con socorristas nos 8 quilómetros nos que se estenden os areais deste Concello só por decisión do Alcalde e dos seus compañeiros de partido na Xunta de Galicia, que non parecen ser conscientes ou ben non lles importan as consecuencias económicas e persoais”, remarcou o socialista para pedir ó PP, posteriormente, que recapacite.
Val Alonso lamentou que “malia que o señor Alfonso Fuente Parga recoñece o incremento da afluencia ás praias de Barreiros non faga nada por manter un servizo imprescindible para garantir a seguridade dos seus usuarios, prolongando ós contratos laborais dos socorristas durante o mes de setembro cando, previsiblemente, e tendo en conta que só esta fin de semana se rexistrarán temperaturas de ata 26 grados, centos de veciños e turistas visitarán os areais barreirenses”.
Empezan tarde e acaban peor
“Manteuse calado cando o Goberno galego recortou as axudas do Plan de Cooperación, reducindo a uns vinte o número de socorristas nas praias de Barreiros este ano, por certo, ó mínimo para manter as bandeiras azuis, cando en 2011 foron ata 30. Tamén calou cando estes profesionais non comezaron a traballar ata mediados de xuño pola inoperancia da Xunta. Agora, volta a manterse sumiso co Goberno galego ó non esixir a continuidade este servizo, ofrecendo xustificacións sen sentido”, subliñou.
Neste senso, o responsable da área do Mar no PSOE lugués amosouse moi sorprendido polas declaracións de Fuente Parga quen asegurou que os medios de seguridade non garantizan que non vaia a pasar nada, apuntando que con estas afirmacións “amosa non estar á altura das circunstancias. Quero entender que é porque o Alcalde descoñece o labor dos socorristas porque, en caso contrario, estaría a desprestixiar o traballo de profesionais preparados e cualificados para salvar vidas”.
Máis impostos e menos servizos
Val Alonso preguntou “onde investiu o Alcalde os 400.000 euros que a maiores fixo pagar ós veciños de Barreiros este ano mediante o incremento de impostos e creando novas taxas, como as licencias urbanísticas ou o imposto de saneamento?, por que Fuente Parga non emprega estes cartos para ampliar o servizo de socorrismo?, a caso temos que lembralles ó Alcalde que a súa responsabilidade é priorizar servizos ós cidadáns? ou é non quere dicirlle ós seus seus veciños que tivo que incrementar o gasto social debido ós recortes da Xunta, que se negou a pagar ás Axudas no Fogar, impoñendo máis custes ás entidades locais”.

















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



