SUAREZ BARCIA VALORA DE XEITO POSITIVO O ARRANXO DE BAIXOS E MUROS DE SOLARES QUE ESTÁN A FACER OS PROPIETARIOS DOS MESMOS, DESPOIS DE RECIBIR AS CORRESPONDENTES NOTIFICACIÓNS DO CONCELLO.
Ribadeo, 8 de agosto de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo o arranxo de baixos e muros de solares que están a facer os propietarios dos mesmos, despois de recibir as correspondentes notificacións do Concello.
O rexedor fixo un balance positivo “de todas estas notificacións que estamos enviando nesta temporada aos propietarios de fincas que as teñen moitas veces invadidas pola maleza e que provocan problemas de salubridade ou de ornato público. Aínda que hoxe non me quero referir a eso concretamente senón específicamente a estes outros propietarios de baixos comerciais que os teñen sin enfoscar así como a outros propietarios de muros, de peches ou de cerramentos, que tamén están sin enfoscar”. Suárez Barcia explicou que “a xente está empezando a responder, algo que desde o Concello valoramos moi positivamente porque o feito de que se empecen a pintar os baixos e os muros que estaban de ladrillo, sin enfoscar, a verdade é que é un acto de orgullo por parte de todos eles para coa sua propiedade e para con Ribadeo tamén”.
O alcalde engadiu que “os visitantes, a xente cando ven de fóra, e ve un Ribadeo limpo, curioso, pintadiño di moito dos propietarios e tamén de Ribadeo como conxunto. De aí que desde o Concello imos seguir insistindo e a todos aqueles que aínda non lles chegou a documentación nos próximos tempos seguirenos enviando este tipo de requerimentos polas boas, aínda que aqueles que non cumpran serán requeridos e finalmente serán sancionados. Porque a lei esta para cumprir e entre todos temos que, coas normas que nos dotamos, facer unha convivencia mais armónica e mellor”.
Retribucións económicas
Suárez Barcia tamén se refeiriu “a esas declaracións que, por facerse ver, o Partido Popular de Ribadeo fixo sobre o meu salario do seguinte xeito: todo o PP, nin todos xuntos, nin individuais, nin en rea, nin de frente, nin de os antes nin os de agora, me van a dar a min leccións de ética sobre a cuestión económica do Concello nin sobre as miñas retribucións, que están fixadas polo pleno e son públicas, desde logo, e que distan non moito, senón moitisimo, por menos cantidade lóxicamente, que as que a puido ter cobrado o alcalde anterior do Partido Popular cando estivo liberado no Concello de Ribadeo. E non falo de hai dous anos precisamente, senón de hai dez, doce ou trece anos”.
González Barcia considera que “o Concello de Ribadeo é exemplar, con 10.200 habitantes, o pouco que se está gastando en retribucións de persoal político. Por outra banda, desde o punto de vista do número de traballadores ao servizo do Concello en xeral dos últimos anos é cando menos xente temos traballando e os servicios estanse prestando igual ou máis que antes, cando había mais xente. Desde logo ese é un dato obxectivo que esta aí para quen o queira ver”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



