Máis dun cento de persoas concéntranse en Burela en defensa do ferrocarril un día antes de que a compañía tome a decisión definitiva sobre as súas liñas mariñáns.
Parga acusa ao PP de prender acabar coa Mariña e chama a rebelión dos mariñaos contra os designios da dereita.
O BNG chama as forzas sociais e políticas a dar á batalla até as últimas consecuencias para salvar o tren da costa.
A Mariña, 4 de Agosto de 2012. Un cento de persoas entre militantes e veciños acudiron hoxe ás 11:30 da mañá a concentración convocada na estación de tren de Burela para demandar precisamente un día antes da xunta que a dirección de FEVE ten en Ferrol que a mesma garanta a continuidade das liñas de ferrocarril existentes na Mariña desde a consideración do seu papel central para a vertebración territorial da Comarca e poñendo en valor as súas potencialidades tanto para a mobilidade de persoas como para o transporte de mercadorías. .
Antonio Veiga, responsábel Comarcal do BNG, indicou que “estamos dun tren que chegou tarde e porén queren que sexamos os primeiros e que nos quedemos sen o mesmo . É máis non é casual que a empresa pública FEVE teña previsto reducir a partir do mes de Outubro curiosamente as dúas liñas con máis usuarios, isto é a que sae de Ferrol ás 8,10 e chega a Oviedo ás 14:30 e a que sae de Oviedo ás 7,45 e chega a Ferrol ás 14:10, o que significa no primeiro caso que non funcione ningún traxecto entre Viveiro e Ribadeo até as 12,19 e no segundo a ausencia de liñas desde 6,50 até as 14,45. Outro tanto acontece coa proposta prevista para os meses de Xuño a Setembro onde se propón suprimir a liña que sae de Ferrol ás 10:30 e chega a Ribadeo ás 13:25 e a que sae de Ribadeo ás 14:45 con chegada a Ferrol ás 17:40. Está claro que estas decisións van na dirección de rematar cun medio de transporte fundamental para a vertebración da Comarca, tanto na perspectiva do transporte de viaxeiros, como no plano económico”.
Manuel Parga acusou de xeito directo ao Partido popular desta decisión denunciou que “ estamos diante doutra discriminación máis para a Comarca, posto que mentres noutras zonas do Estado, como Asturias ou Cantabria, refórzanse os servizos de FEVE na Mariña, Ferrolterra e Ortegal suprímense liñas. Neste caso máis unha vez o PP fai todo o contrario do que lle interesa aos veciños da Mariña, xa que do que se trata é de ampliar a oferta de liñas, particularmente no servizo de cercanías, e tamén na súa utilización para o transporte de mercadorías, posto que non debemos esquecer que FEVE atopase nunha situación inmellorábel para dar saída á produción da factoría da Alcoa”.”Non imos permitir que o Goberno do PP desmantele este servizo e a par que comprometemos o noso apoio tanto no plano social como institucional para que o mesmo se manteña demandamos dos representantes na Mariña do PP que estean á altura da situación e antepoñan os intereses da zona as directrices do Partido”, afirmou Parga quen lembrou a iniciativa presentada por el mesmo no Parlamento de Galiza para manter o servizo.
O Parlamentario do BNG, Manuel Parga, demandou “unha resposta unánime do conxunto dos axentes sociais e políticos da Mariña para manter o ferrocarril e esixiu responsabilidade e altura de miras do resto das forzas políticas, sacando o tema do debate partidista, a fin de obrigarlle ao Estado a modificar esta proposta. A nosa vontade é concordar con todos para que A Mariña, tamén neste tema non de un salto atrás de 50 anos, posto que unha vez fechado o servizo, recuperalo vai ser particularmente complicado”. Neste sentido Parga fixo un chamamento ao conxunto das persoas reunidas na Estación de Ferrocarril de Burela. “Temos que seguir mobilizándonos na defensa dunhas infraestruturas que son básicas para o desenvolvemento económico e a vertebración territorial da Mariña” afirmou Parga quen se dirixiu a dirección de FEVE que se xunta mañá en Ferrol para tomar unha decisión definitiva sobre a liña “esixíndolle a quen non actúen como xordos diante das demandas cidadáns, posto que a política xenocida do PP diante a comarca sempre estará enfronte o BNG para defender os seus intereses”.
“Non nos merecemos un goberno que nos marxina e que ten perfectamente deseñado un Plano para acabar na zona “ afirmou Parga diante dos concentrados que coreaban a consigna de “Salvemos o tren” ao mesmo tempo que lamentou “ o silencio ou en todo caso a inación dos populares ao respecto. Onde están os parlamentarios do PP diante do problema ou os seus cargos orgánicos”, preguntouse Parga , quen fixo pública a súa opinión que “non é casual que sexa a nosa Comarca unha das que lle toca levarse a peor parte nas decisións políticas do Goberno Feijoo e senón pensemos na sanidade, na educación, na posición da Xunta sobre Alcoa, ou nos niveis de desemprego. So hai unha explicación que o PP de Lugo non ten peso na Xunta e que os dirixentes mariñaos do mesmo van ao seu sen preocuparse polos problemas da Comarca”. “É tempo de rebelión e loita concluíu” Parga que presentou “ aos nacionalistas como o único dique fronte a unhas políticas que condean á Mariña á miseria e ao atraso”





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



