O CONCELLO EDITA 10.000 EXEMPLARES DUNHA GUÍA TURÍSTICA DE RIBADEO EN CATRO IDIOMAS. NAS SÚAS 80 PÁXINAS FÁISE UN PERCORRIDO POLA HISTORIA, POLA NATUREZA E POLA RIQUEZA PAISAXÍSTICA, ADEMÁIS DE INCLUIR ACTIVIDADES DE LECER E DE OCIO E OS LUGARES NOS QUE PERNOCTAR E COMER.
Ribadeo, 3 de agosto de 2012. O Concello ven de editar unha guía turística en catro idiomas: inglés, francés, galego e español. Son 10.000 exemplares que se poderán adquirir en puntos de interés como aeroportos, nas librarías da vila e na oficina de turismo, entre outros, ao prezo de 3,90 euros. Nas súas 80 páxinas fáise un percorrido pola historia, pola natureza e a riqueza paisaxística de Ribadeo, polos festexos, etc. Os visitantes que se acheguen a Ribadeo poderán atopar na guía os lugares nos que pecnotar e nos que comer. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, asegura que Ribadeo é un dos poucos Concellos que contan cunha guía desta calidade e destas características.
A edil nacionalista explicou que “dende hai tempo falando nas mesas microsectoriais de traballo que montamos este inverno para Ribadeo, de eventos xurdiu a idea, a proposta de elaborar un pequeño libriño, unha guía, algo que se nos demandaba en Ribadeo e tamén por parte de moitos dos nosos visitantes. Así foi un pouco como naceu a idea desta guía e iniciamos os contactos para facer realidade este proxecto e hoxe poder disfrutar dela”.
O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez, subliñaron que “é a primeira guía de Ribadeo que se edita en catro idiomas: en galego, en castelán, en inglés e en francés, xa que os nosos visitantes, aparte de seren máis cada ano, tamén as súas procedencias son máis diversas. A guía, da que se ten feito unha edición de 10.000 exemplares, intenta recoller todo canto precisa saber quen visita Ribadeo. Recolle historia, cultura, lugares de interese, festas, rutas, restaurantes, hoteis, ocio … Todo isto está estructurado en nove capítulos”.
Martínez considera que “Ribadeo, coas maravillas que ten, se vendería en solitario, mais entendo que é unha labor de todos os ribadenses traballar e dalo a coñecer. Sei que os ribadenses nos sentimos orgullosos do noso patrimonio e que nos gusta que a xente que nos visita o coñeza. E esa é unha labor na que desde o Concello estamos a traballar. Entendo que poucos lugares coma Ribadeo dispoñen dunha publicación de promoción turística como a que estamos a presentar hoxe, unha guía en catro idiomas cunha calidade fotográfica moi boa e que fai un resumo do que é o noso concello”.
O Concello tentará que “a guía chegue a tódolos os rincóns que poidamos. Tentaremos tela nos lugares de maior concentración de paso de persoas, non só aquí en Ribadeo, senón por exemplo hai posiblidade de que poida estar nos aeroportos de Avilés, Santiago e A Coruña, en puntos estratéxicos onde un viaxeiro cando chega vexa esta portada espectacular que pon Ribadeo e que lle entre a curiosidade, se non a tiña xa, de achegarse cara ao noso concello. Ademáis de nestes puntos estratéxicos témola a venda na oficina de turismo e vaise distribuir en librerías e en hoteis de Ribadeo a un prezo de 3,90 euros”.
Ana Martínez tamén se referiu ao Centro Comercial Aberto de Ribadeo “que adquiriu unha importante cantidade de exemplares para distribuilos entre os seus asociados. Entendemos que dende o comercio e a hostalería moita xente da información ao viaxeiro que chega a Ribadeo, por iso tamén é importante que neses puntos estean informados. Tamén a Deputación de Lugo colabora coa distribución dun importante número de exemplares para potenciar e promover o turismo de Ribadeo”.
A edil de Turismo engadiu que “en definitiva coa guía queremos dar a coñecer Ribadeo, converténdoo no que turísticamente se coñece coma destino. Para elo debemos traballar con máis iniciativas que temos e iremos dándolles forma, pero sempre dende o traballo conxunto, con tódolos sectores. Eu entendo que o éxito está no esforzo de todos. Dispoñemos de hotéis, de restaurantes, de bares, de mesóns, de comercios de moita calidade no noso concello. Pero non debemos quedar aí, senón que debemos traballar potenciando actividades conxuntas, atractivas para os nosos visitantes, non só en época estival senón o resto do ano. Para eso quero pedir dende aquí o compromiso nesta labor de tódolos sectores, porque Ribadeo é patrimonio de todos, dos que vivimos aquí todo o ano e que temos a sorte de disfrutalo, e tamén dos que nos visitan”.
Martínez tivo palabras de agradecemento para as entidades colaboradoras, “como son a vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, o CCA, o bus turístico, Foto Miguel e todos os hoteis que apoiraon esta idea e fixeron posible hoxe a presentación desta guía. Tamén quero abrir as portas a cantos hoteis queiran distribuila desde eses establecementos para os seus visitantes”.
Ao acto de presentación que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos do Concello de Ribadeo asistiu tamén o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



