O GPPP critica que o Goberno do Señor Besteiro destine tan só un 0.19% do Orzamento as Cofrarías lucenses
. Elena Candia manifestou que un consenso cos patróns maiores é a base para empezar a traballar e optou por intercambiar opinións con este colectivo para que a Deputación de Lugo mude a forma de traballar
. Os populares criticaron o nulo porcentanxe que o Organismo Provincial destina a este sector, dentro do moito Orzamento que manexa, é afirmaron que nos seguintes orzamentos será inconcebible este pouco apoio para o sector que tanto emprego xera
O Vicedo, 8 de agosto de 2012.– A Voceira da Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada polo Voceiro do Mar no Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro e polo Alcalde de O Vicedo e Deputado Provincial, Jesús Novo, reuníronse esta tarde cos Patróns Maiores das Cofrarías da Comarca da Mariña.
O obxectivo desta xuntanza foi consensuar cos Patróns Maiores das Cofrarías unha iniciativa para presentar ao Equipo de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en apoio a este sector, que xera moita riqueza e que para o Goberno do Señor Besteiro só significa un 0.19% do seu orzamento.
Elena Candia manifestou que, cos datos que manexa o Partido Popular, o Ente Provincial destina un 0,41 % dos recursos que adica a subvencións nominativas e un 0,19 % se calculamos as cantidades que destinan no Plan Estratéxico de Subvencións. Así dos 4,361,968,68 Euros e dos 9,539,68,68 Euros, o Goberno do Señor Besteiro só destina 18000 euros a este sector, concretamente 3.000 euros a cada Cofraría.
Candia insisteu na importancia deste sector, un dos prioritarios da provincia de Lugo, xa que xera emprego e crea riqueza polo que considera de vital importancia unha reforma nos apoios a este colectivo, a vez que demandou a importancia que ten na economía lucense.
Afirma a Voceira dos populares na Deputación de Lugo que esta opinión sae reforzada se se fai un estudio comparativo co apoio que reciben as Cofradias do resto das provincias con mar da Comunidade Autónoma galega. Afirma Candia que destaca considerablemente a Deputación Provincial da Coruña, quen dobra o apoio económico con respecto a lucense.
Os populares, afirmaron que nos vindeiros Orzamentos será inconcebible este pouco apoio para o sector que tanto emprego xera polo que desta maneira constructuiva, fan aportacións ao Equipo de Goberno para recoller reivindicacións do Sector representado na reunión.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



