Os traballos de roza e desbroce están finalizados ou en execución no 60% dos Concellos da Mariña
– A Deputación mellora as comunicacións e contribúe a previr incendios na Costa lucense limpando 800 quilómetros de estradas, unhas tarefas que contan cun orzamento de máis de 100.000 euros e acometen 5 PEMES e autónomos da provincia
– A roza está rematada en Viveiro, Foz, Burela, Cervo e Ribadeo; e en execución a de Xove, O Vicedo, Ourol, O Valadouro e Barreiros; mentres que nos próximos días iniciaranse os traballos en Alfoz, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, A Pontenova e Riotorto
– “Sorprende o descoñecemento do Alcalde de Xove sobre o que ocorre no seu municipio”, afirma Lara Méndez, “porque os labores de desbroce están en marcha dende hai unha semana e a día de hoxe están listos nas estradas de acceso ás praias”
As tarefas de roza e desbroce cos que a Deputación mellora as comunicacións rurais da provincia e contribúe a previr incendios están finalizados ou en execución a día de hoxe no 60% dos Concellos da Mariña. Segundo deu conta a Vicepresidenta Segunda do organismo provincial, Lara Mández, os traballos afectan no conxunto da Costa lucense a uns 800 quilómetros, contan cun orzamento de máis de 100.000 e deles encárganse 5 PEMES e autónomos da provincia. A limpeza está rematada na actualidade nos viais de Viveiro, Foz, Burela, Cervo e Ribadeo; e en execución, a de Xove, O Vicedo, Ourol, O Valadouro e Barreiros; mentres que nos próximos días iniciaranse os traballos en Alfoz, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, A Pontenova e Riotorto.
Neste sentido e facendo referencia ás declaracións do rexedor xovense, Demetrio Salgueiro, nas que aseguraba que a Deputación non tiña iniciado os desbroces no seu Concello, Lara Méndez afirmou que “sorprende o descoñecemento do Alcalde sobre o que ocorre no seu municipio, pois os traballos están en marcha dende hai unha semana”. A Vicepresidenta explicou que a roza terminou hoxe mesmo nas estradas de acceso ás praias de Xove, que suman uns 30 quilómetros e “ás que lles demos prioridade pola gran cantidade de visitantes que reciben nesta época de verán”, e a partir de agora limparanse as vías do interior, ó redor de 20 quilómetros de lonxitude, e que estarán listas a finais deste mes.
4.200 quilómetros en toda a provincia
O plan de roza e desbroce que a Deputación está a acometer nos 4.200 quilómetros que conforman a rede viaria provincial, a máis extensa de España, mellora as comunicacións no rural e a seguridade vial, pero ademais contribúe á prevención de incendios, “algo fundamental tendo en conta os recortes levados a cabo pola Xunta nesta materia”, indicou Méndez. Os traballos foron adxudicados por un importe total de 561.000 euros a 23 empresas lucenses, co que a Deputación potencia a actividades das PEMES e autónomos da provincia, paliando a difícil situación que atravesan pola crise e mantendo postos de traballo. Este ano, a Deputación xestiona a totalidade dos traballos co fin de acometelos coa máxima celeridade.
A Deputación roza, mentres a Xunta sulfata
A Vicepresidenta recalcou así mesmo a importancia de que a Deputación limpe as estradas de maleza rozándoas, fronte á actuación da Xunta, “que as sulfata, sen ter en conta os efectos nocivos que iso ten para o medio ambiente, a Rede Natura ou as Reservas da Biosfera”. Lembrou así mesmo que o desbroce iniciouse a finais de xullo para “facer un uso racional dos recursos e non ter que acometer estes traballos dúas veces, pois as condicións meteorolóxicas deste verán propiciaron que a maleza medrase moi rápido”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



