O programa de festas de Cervo arrinca coa inauguración da exposición de manualidades no Ecomuseo
-A mostra inclúe os traballos realizados polas alumnas dos cursos de palillar, de bordado e costura, e de manualidades
Cervo, 13 de agosto de 2012-O programa das festas patronais de Cervo empezou hoxe co desenvolvemento do primeiro dos actos previstos na celebración. Trátase da inauguración da exposición de manualidades que tivo lugar esta tarde no Ecomuseo cervense e que inclúe os traballos realizados ao longo do ano nos cursos de palillar, de bordado e costura, e de manualidades organizados pola Asociación de Veciños de Cervo-Sargadelos. No acto estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso e outros membros do goberno local, así como as profesoras, as alumnas e varios membros da directiva da entidade.
Todos os obxectos que se amosan na mostra foron elaborados nos cursos entre os meses de setembro e xuño polas preto de 30 alumnas que acudían ás clases. Nos últimos anos esta exposición converteuse nunha cita máis das festas patronais de Cervo e faise coincidir con estas celebracións co obxectivo de facela máis visible e que a poidan visitar non só cervenses senón tamén turistas.
A mostra poderase visitar todos os días das festas, ata o sábado, en horario de 18:00 a 20:30 horas agás o día 18, que tamén estará aberta pola mañá. A edil de Cultura, Begoña Alonso, convida á veciñanza e a turistas e visitantes a achegarse ao Ecomuseo para “contemplar una exposición muy interesante, ya que en ella podemos ver el resultado de meses de trabajo y de aprendizaje por parte de las asistentes a los cursos”. Para Alonso “son piezas y creaciones en las que se nota el esfuerzo, la dedicación y la buena mano de las alumnas”
O programa arrinca con este acto, pero as festas comezarán oficialmente coa lectura do pregón, mañá martes, ás 20:00 horas, a cargo de Francisco Javier Blanco Rodríguez, médico de Valladolid que leva máis de 20 anos pasando os veráns na vila de Cervo de forma ininterrompida e que se declara un amante da praia de Rueta, da presa de Sargadelos e do Camiño Real. Ao remate do pregón chegará o momento da degustación na VII Festa do Ovo frito.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



