VIVEIRO ÉNCHESE ESTA SEMANA DE LETRAS, COA SÚA 16ª FEIRA DO LIBRO
A cita coa literatura acontecerá nos Xardíns de Noriega Varela![]()
13 de agosto de 2012.- Viveiro vive esta semana a súa cita anual coa mellor literatura, coa 16ª edición da súa Feira do Libro.
Desde hoxe e ata o xoves 16, os Xardíns de Noriega Varela da localidade serán o emprazamento para esta xuntanza. O seu horario é mañás de 12:00 a 14:00 horas; e seráns, de 18:00 a 22:30 horas.
Os sorteos diarios de libros e o 10% de desconto nas adquisicións son un atractivo engadido para este evento.
A listaxe dos postos conta con: Libraría Porta da Vila (Viveiro); Libraría Cartabón (Vigo); Librería Aenea (Santiago); Librería Tanxencias Cómics (A Coruña); Librería Couceiro (A Coruña); Libraría Lector Nóbel (Burela); Libraría Stelia (Santiago); Seminario de Estudos Terras de Viveiro; e máis a Deputación Provincial de Lugo.
A Federación de Libreiros de Galicia, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a xeira de feiras do libro. Viveiro é a súa sétima etapa, despois das de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña e conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación Provincial de Lugo.
A Comisión de Honra da Feira conta con Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Melchor Roel Rivas, alcalde de Viveiro; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura; e Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia.
Na Comisión técnica toman parte Pilar Rodríguez Álvarez e Antonio Fernández Maira. A dirección técnica é de María del Carmen Lage López
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Día 13. Luns
11.00
Apertura da feira.
12.00
Pasarrúas pola feira.
13.00
Inauguración da Feira do Libro.
Pregón infantil a cargo de Carmen Novo González alumna do IES Vilar Ponte.
Pregón inaugural a cargo do escritor Xavier Alcalá.
Actuación do Grupo de Gaitas da Agrupación Penalba, de Celeiro.
18:30
Feira Infantil: Contacontos e creación de persoaxes , a cargo de Alba Guijarro Infante. Contacontos activo onde os rapaces crean previamente os títeres protagonistas.
19.30
Presentación do libro Verde Oliva, de Xavier Alcalá, publicado en galego por Editorial Galaxia e en castelán por editorial Nowtilus. Xunto co autor participa no acto o xornalista Ernesto Sánchez Pombo.
20.30
Presentación do libro Xardín de inverno da escritora Ledicia Costas e publicado pola Editorial Everest Galicia. Participan a autora, Montse Penas Presas, crítica literaria e especialista en LIX e Daniel Puente Bello, ilustrador do libro.
21.00
Presentación do libro Medievalario, de Fran Zabaleta, publicado por Redelibros.
21.30
Mesa redonda “Segredos da novela histórica”. Participan: Marcos Calveiro (Settecento. Edicións Xerais), Pere Tobaruela (Poñente. Edicións Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Editorial Redelibros).
22.15
Sorteo dun lote de libros.
Día 14. Martes
12.30
Pasarrúas pola feira.
19:00
Feira Infantil: Obradoiros de Marcapáxinas e Cómics, a cargo de Iria Quelle.
20.00
Presentación do libro Viveiro, unha guía histórica de Miguel Novo Güisan e Luz María Martínez Arias, publicado pola Librería Porta da Vila. Xunto co autor, participa no acto Melchor Roel Rivas, alcalde da cidade.
22.15
Sorteo dun lote de libros
Día 15. Mércores
12.30
Pasarrúas pola feira.
19.00
Feira infantil: Obradoiro de percusión con contacontos., a cargo de Iria Quelle.
Os rapaces dan vida á historia: uns encárganse do relato do conto , outros incorporan o son con materiais reciclados.
20.00
Presentación do libro Viveiro en la prensa histórica. 1741 – 1850, do escritor Julio Fernández–Sanguino y Fernández, publicado por Editorial Visión Libros. Xunto co autor, participa no acto o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo.
22.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 16. Xoves
12.30
Pasarrúas pola feira.
19.00
Obradoiro: A escritora Cristina Corral Soilán e a ilustradora Aurora Cascudo Román realizarán un obradoiro interactivo de lectura e debuxo para nenos e maiores, arredor do seu libro Os poemas do río, publicado por Everest Galicia. Ao remate do acto, asinarán exemplares do libro.
20.00
Presentación do libro Finisterrae. Los faros de Galicia, de Xulio Villarino, publicado pola editorial Primerapersona.
Xunto co autor, participa no acto o escritor e xornalista Ramón Pernas.
21.00
Presentación do libro Assur do escritor Francisco Narla e publicado pola editorial Temas de Hoy.
22.15
Sorteo dun lote de libros.
22.30
Peche da Feira do Libro.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



