O EQUIPO DE GOBERNO AGARDA AMPLIAR O NÚMERO DE BENEFICIARIOS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA. NA ACTUALIDADE CONTA CON 30 USUARIOS AOS QUE LLES PRESTA 17.220 HORAS DE ATENCIÓN ANUAIS.
Burela, 10 de setembro de 2012. O equipo de goberno agarda ampliar o número de beneficiarios do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, segundo ven de confirmar a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Na actualidade son 30 os seus usuarios. Hoxe abordóuse en pleno extraordinario a proposta da mesa de contratación da xestión do servizo.
Cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG aprobóuse a proposta da mesa de contratación sobre a clasificación das proposicións presentadas polos licitadores no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. A adxudicación realizouse por procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente mediante a modalidade de concesión. O servizo será prestado pola mesma empresa que o está a realizar na actualidade, porque a súa oferta foi a mellor das presentadas.
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, explicou que “agora o procedemento seguirá o seu curso normal. O obxectivo é estabilizar o servizo de axuda no fogar e mellorar a súa calidade”. A edil popular engadiu que “usuarios a traballadoras beneficiaránse das repercusións positivas que terá dita xestión”.
Durán subliñou que “o que agardamos desde o equipo de goberno é ampliar o número de beneficiarios”. Na actualidade o servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia conta con 30 beneficiarios e presta un total de 17.220 horas de atención ao ano”.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



