Lugo acollerá dende o 5 de setembro a exposición sobre as orixes do Parlamento de Galicia
– Logo de pasar polo Senado e por Ourense e Pontevedra, a mostra continúa en Lugo o seu percorrido polas catro capitais galegas
– Dende unha óptica plural, a mostra explica o nacemento e as dúas primeiras lexislaturas da Cámara cun percorrido documental, fotográfico e audiovisual
– “Aqueles Primeiros Anos (1981-1989), estara aberta ó público na Sala de Exposición da Deputación de Lugo
A Sala de exposicións da Deputación de Lugo amosará desde o vindeiro mércores, 5 de setembro, a exposición “Aqueles Primeiros Anos (1981-1989)”, organizada polo Parlamento de Galicia para recuperar e poñer en valor as orixes da institución e o proceso de configuración do autogoberno da Comunidade Autónoma.
A Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, serán os encargados de inaugurar a exposición.
A mostra foi inaugurada no Parlamento de Galicia o 4 de xullo de 2011, no marco das actividades organizadas pola Cámara para conmemorar o 30 aniversario do lexislativo galego. Posteriormente, estivo aberta ó público no Senado a partir do pasado 18 de abril, dende onde se trasladou ó Centro Cultural da Deputación de Ourense, onde se puido visitar desde o 29 de maio, iniciando así o percorrido que tamén a levou a Pontevedra (19 de xullo) no marco dunha xira polas catro capitais de provincia de Galicia.
“Aqueles Primeiros Anos (1981-1989)”, ofrece ó visitante unha visión plural sobre a etapa preautonómica e as dúas primeiras Lexislaturas do Parlamento de Galicia, explicando o seu nacemento e desenvolvemento a través dun percorrido documental, fotográfico e audiovisual.
Ó longo desta etapa, o Lexislativo galego chegou a utilizar ata dúas sedes provisionais en Santiago de Compostela (os pazos de Xelmírez e de Fonseca) antes de trasladarse á súa ubicación actual e definitiva, o pazo do Hórreo, construído inicialmente para albergar unha Facultade de Veterinaria pero que, por vicisitudes diversas, foi utilizado, posteriormente, como cuartel militar durante décadas.
Material diverso
A exposición amosa a evolución do Parlamento de Galicia e da política galega ó longo das dúas primeiras lexislaturas (1981-1989) e tamén da etapa preautonómica (1977-1981) a través dos seus persoeiros, con fotografías a tamaño real, en branco e negro dos mesmos; con 24 paneis explicativos cun gran número de fotografías nos que se analizan os 26 fitos máis significativos e cruciais en “Aqueles primeiros anos (1981-1989)” e tamén unha montaxe audiovisual.
A mostra configúrase como unha amena crónica visual, xurdida para poñer en valor a tarefa loable protagonizada polos primeiros deputados autonómicos da historia de Galicia.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



