A Deputación arranca a selección dos beneficiarios das 70 bolsas de emprego que ofrece a mozos titulados
– 134 xóvenes de toda a provincia fixeron este martes a primeira proba, consistente nun cuestionario tipo test. O proceso para elixir ós bolseiros continuará, como recollen as bases, coa baremación dos méritos acreditados e unha entrevista persoal
– Os beneficiarios mellorarán as súas posibilidades de inserción laboral tras facer prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Chega, Reino Unido e Irlanda
A Deputación de Lugo arrancou este martes o proceso de selección dos 70 beneficiarios das novas bolsas de emprego que ofrece a mozos titulados lucenses, tanto pola Universidade, como en FP, co obxectivo de que melloren as súas posibilidades de inserción laboral en Lugo tras facer prácticas en empresas europeas. Un total de 134 xóvenes de toda a provincia fixeron hoxe a primeira proba, consistente nun cuestionario tipo test e celebrada no Salón de Actos de San Marcos. O proceso para elixir ós bolseiros continuará, tal e como recollen as bases, coa baremación dos méritos acreditados polos aspirantes e unha entrevista persoal.
A lista de admitidos definitivamente publicarase no Taboleiro de Anuncios de Deputación e Fundación TIC, e na web do organismo provincial (www.deputacionlugo.org) Ó longo do mes de novembro tramitarase a documentación para que os mozos seleccionados poidan partir en xaneiro ó país de destino, onde recibirán formación ata finais de maio, principios de xuño.
Loita contra o desemprego
Os beneficiarios teñen nestas novas becas unha oportunidade das que cada vez existen menos polo descenso do investimento neste ámbito, dun 3,8% a nivel nacional para o 2013, e unha ferramenta para loitar contra o desemprego, que subiu ata as 25.239 persoas en Lugo en setembro, un 2% máis que en agosto e un 13% máis que hai un ano, sendo a provincia galega cun maior incremento, tanto intermensual, como interanual.
A Deputación ofrece 70 becas enmarcadas no programa europeo Leonardo da Vinci, de dous tipos:
As Lugojob: 50 becas para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria relacionada cos seguintes sectores: agricultura, silvicultura, pesca, protección do medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. Lugojob ofrécelles prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante 3 meses e medio.
As TIC Lugo: a Fundación TIC, como organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona 20 becas para lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Ticlugo ofrécelles prácticas en empresas de Portugal, Italia e Irlanda durante 3 meses.
Preto de 150 becas
Con estas 70 novas becas, serán preto de 150 as que leva impulsado a Deputación para abrir novas oportunidades laborais ós mozos lucenses. Deste xeito, ademais das 18 do programa Lug02, centradas en profesións relacionadas co medio ambiente, o organismo provincial ofreceu 24 para formar a guías medioambientais especializados nas Reservas da Biosfera; e desenvolveu 30 de innovación, pioneiras en Lugo neste sector; e 5 de artesanía e deseño.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



