ADEGA pide a suspensión da tempada de caza polos centos de licenzas ilegais que investiga a Fiscalía
26 de outubro de 2012. ADEGA vén de solicitar á D. X. de Conservación que decrete a suspensión temporal da tempada de caza mentres non conclúa a investigación da Fiscalía sobre a concesión masiva de licenzas ilegais no Servizo de caza e pesca da Xunta na Coruña. Como consecuencia destas prácticas corruptas, centos de cazadores obtiveron fraudulentamente unha licenza de armas e campan ilegalmente polos nosos montes. Polos impactos sobre a fauna cinexética e salvaxe, os riscos para a seguridade pública e o agravio comparativo cos cazadores que cumpren a lei, a Xunta debería suspender a tempada de caza. Non se trata dun feito illado como se quere presentar dende a Xunta: Son prácticas que acontecen dende hai anos e que implicarían a altas instancias da administración que toleraron, promoveron ou se beneficiaron destas corruptelas. pdfDenuncia FISCALIA LICENZAS CAZA (116KB)
Á FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE DO TSXG. FEITOS E FUNDAMENTACIÓN LEGAL DA DENUNCIA
fuckyou1. EXPEDICIÓN FRAUDULENTA DE LICENZAS DE CAZA. Segundo recolleron recentemente algúns medios de comunicación (El País, 5 de outubro) e a mesma Consellaría de Medio Ambiente recoñeceu en declaracións a este mesmo medio, no Servizo de Conservación da Natureza da Coruña estivéronse expedindo licenzas de caza ilegais.
Esta ilegalidade baséase nun incumprimento do procedemento para obter estas licenzas que vén regulado na Lei 4/1997 de Caza de Galiza e no Decreto 284/2001 polo que se aproba o Regulamento da caza en Galiza. O artigo 46º da Lei 4/1997 de Caza establece a necesidade de acreditar unha aptitude e uns coñecementos precisos para obter a licenza de caza e disponse que regulamentariamente se determinarán os requisitos, as condicións para a obtención da licenza de caza e as probas de aptitude que deberán superar os que pretendan obter por 1ª vez a dita licenza.
Neste senso, A Orde do 1 de xuño de 2007 que regula o exame do cazador en Galiza regula o procedemento, o temario, a convocatoria, os exames, a súa corrección e cualificación, así como a puntuación necesaria para superalos e acadar o certificado que permita obter a 1ª licenza de caza.
A propia Consellaría de Medio Ambiente recoñeceu, en prensa, que se incumpriron alo menos dúas condicións necesarias para obter a licenza, a saber
1) Aprobar o “exame do cazador”
2) Pagar as taxas oficiais (taxa dos dereitos de exame, taxa da expedición da licenza, etc).
Nos casos descubertos, estes “cazadores ilegais” nin fixeron o exame nin pagaron as taxas oficiais.
Tamén segundo información da Consellaría de Medio Ambiente recollida nos medios, a propia Consellaría abriu a un traballador un expediente disciplinario por estes feitos. Porén, para ADEGA fica claro que a complexidade do proceso administrativo para a obtención destas licenzas determina que neste participen, supervisen, examinen, certifiquen e tramiten as taxas distintos cargos e persoal adscrito ao Servizo de Conservación da Natureza. Para ADEGA é pois evidente que a suposta implicación dun único traballador, do cal non se indica a súa adscrición, nin o seu cargo, nin a súa responsabilidade no proceso de expedición das licenzas, resulta pouco críbel.
2. GRAVIDADE DOS FEITOS E DOS ILÍCITOS PENAIS DERIVADOS. Os feitos anteriormente descritos, de confirmarse a súa comisión por parte do Servizo e Conservación da Natureza da Coruña, constituirían un gravísimo caso corrupción de funcionarios públicos (presunta prevaricación, trato de favor, suborno, malversación de caudais públicos, falsidade documental…) alén dun presunto delicto ambiental por canto a práctica da caza en situación ilegal pode ter graves consecuencias para a conservación dos recursos naturais, ao que habería que engadir tamén presuntos delictos contra a seguridade pública por canto a tenza de licenzas de caza ilegais abre a posibilidade aos seus posuidores de tramitar (e obter) diante da Garda Civil, permisos para portar armas de fogo.
ADEGA sospeita que Administración estaría tratando de ocultar información concentrando o problema nunha poucas licenzas outorgadas neste último ano, e facendo recaer a responsabilidade nun único traballador, para deixar á marxe desta aos responsables políticos e técnicos que orquestaron ou consintiron as irregularidades.
Entendemos que alcance e contido da investigación administrativa aberta pola Consellaría de Medio Ambiente sobre estas prácticas non deberían estar dirixidas por aquelas persoas que na Dirección Xeral de Conservación e no Servizo provincial da Coruña foron presuntamente incapaces de cumprir as obrigas derivadas do seus cargos e participar ou tolerar as irregularidades detectadas.
Polo mesmo, en ADEGA entendemos que os informes que poidan elaborar dende o Servizo provincial de Conservación da Natureza da Coruña son de dubidosa credibilidade. Asemade, as probas materiais destas irregularidades radican na documentación administrativa, a certificación de pagamentos rexistrada en Facenda e nas propias entidades bancarias, e a información existente nas bases de datos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza na que se gravan as licenzas concedidas. Parte desta información está en poder do propio Servizo da Coruña que supostamente incumpriu as súas obrigas, e portanto, en risco de ser alterada ou destruída.
Por todo o anteriormente exposto, dende ADEGA SOLICITAMOS a esta Fiscalía que proceda con urxencia a realizar unha investigación profunda e obxectiva en relación coa concesión de licenzas de caza e pesca fluvial por parte do Servizo provincial de Conservación na Coruña entre os anos 2009-2012, periodo no que os funcionarios presuntamente implicados viñeron desempeñando os seus cargos.
Asemade, dende ADEGA solicitamos que as actuacións desta Fiscalía estén especialmente encamiñadas a:
a) Verificar o cumprimento estrito entre os anos 2009 a 2012 de todo o procedemento que regula o exame do cazador, que aparece detallado na Orde do 1 de xuño de 2007 que regula o exame do cazador en Galiza. Neste periodo, realizáronse 4 exames por ano segundo establece a orde. Deberiase prestar atención ao cumprimento das seguintes disposicións da antedita Orde:
-Artigo 4º: Inscricións ao exame, pago de taxas para participar no exame e demáis abonos.
-Artigo 5º: Certificado para obter s 1ª licenza.
-Artigo 6º: Tribunais: constitución dos tribunais e actas da súa validez,…etc.
b) Verificar o contido e validez das Actas que recollan os exames, a súa corrección e cualificación, así como a puntuación obtida para superalos e acadar o certificado que permita obter a 1ª licenza de caza.
c) Comprobar dende o ano 2009 a emisión da correspondente certificación ás persoas presentadas nas distintas convocatorias de exame.
d) Comprobar dende o ano 2009 que as persoas que obtiveron por 1ª vez a licenza de caza en Galiza realizaron os exames do cazador e pagaron as correspondentes taxas oficiais, así como os que obtiveron a licenza por renovación, pagaron a taxa anual correspondente e realizaron o ingreso con data previa a expedición da licenzas.
e) Comprobar cantas “licenzas sen taxa” foron “regularizadas” aboando as taxas con posterioridade a facérense públicos os feitos denunciados.
f) Verificar o montante do desfalco cometido cos caudais públicos ao non térense aboado estas taxas oficiais.
g) Investigar as consecuencias que para a conservación da fauna protexida e da fauna cinexética tivo, ten e terá o feito de que que centenares centos de cazadores non pasaran o exame que os capacita para obter a licenza.
h) Investigar por que durante catro anos o Servizo Provincial de Caza e Pesca da Coruña repetiu o mesmo exame coas mesmas preguntas en máis de 12 ocasións.
i) Investigar o número de batidas, esperas, ganchos, etc. foron autorizadas e realizadas por “cazadores ilegais”, e cal foi o impacto sobre a fauna cinexética e salvaxe.
l) Investigar por que Servizo de Conservación da Natureza tras “descubrir” un novo caso de licenzas ilegais a primeiros de setembro de 2012, non procedeu a anular cautelarmente as devanditas licenzas.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



