Irmandiños S.C.G conta con máis dun milleiro de socios e foi premiada pola Xunta co Galardón á Promoción do Cooperativismo
Os populares explican as principais liñas para fomentar un factor clave no desenvolvemento rural: o cooperativismo
. Por provincias, Lugo e A Coruña acumulan en conxunto arredor do 70% das cooperativas agrogandeiras da nosa Comunidade Galega
. Os populares destacaron tamén o cooperativismo agrario; trátase de cooperativas que teñen como obxectivo social a utilización de maquinaria en común, coñecidas como “Cumas”, existindo preto de 50 na nosa Comunidade
Ribadeo 19 de outubro de 2012.- A candidata por A Coruña Rosa Quintana, o candidato por Lugo, José Manuel Balseiro e demáis dirixentes e integrantes da candidatura lucense visitaron esta mañá unha cooperativa en Ribadeo.
Logo dun percorrido polas instalacións de Irmandiños S.C.G, adicada, dende 1996, á fabricación de pensos e compostos para animais, os populares destacaron a importancia do cooperativismo para o desenvolvemento do rural galego.
Resaltaron Rosa Quintana e José Manuel Balseiro a traxectoria desta cooperativa, presente en máis de corenta concellos galegos e do occidente de Asturias e que factura máis de 30 millóns de euros.
Asemade, os populares explicaron as liñas que se teñen abertas para o fomento do cooperativismo, que buscan impulsar a suma de esforzos e a cohesión do sector agrogandeiro en ámbitos coma a compra e xestión de maquinaria agrícola ou posta en marcha de Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) e organizacións de produtores orientadas cara a comercialización.
Concluíron os populares dando conta do número de cooperativas que actualmente funcionan na nosa comunidade; trátase de máis de 400 agrogandeiras, que supoñen preto do 40% das existentes en Galicia e que, a meirande parte están relacionadas co sector lácteo, sendo tamén importante o censo das dedicadas a pensos, abonos ou fertilizantes, así como as que centran a súa actividade na produción de polos ou coellos e no mundo dos subministros.



















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



