Cervo presenta o Outono Cultural que inclúe unhas 15 actividades ao longo de outubro e novembro
-Haberá eventos e actos relacionados co Samaín e as castañas, tan tradicionais desta época
-As novidades tamén terán o seu oco no programa
Cervo, 9 de outubro 2012-As delegacións de Cultura, Educación, Igualdade e Servizos Sociais deron a coñecer hoxe o seu programa de actividades para os meses de outubro e novembro. Trátase do Outono Cultural, un conxunto de eventos para público infantil e adulto, centrado en boa parte nas festas e nos produtos típicos desta época do ano, como o Samaín e as castañas. Pero tamén está previsto estrear actividades innovadoras como concursos gastronómicos e talleres de teatro.
Teatro
O programa comeza o día 20 deste mes cun obradoiro de teatro infantil onde os nenos e nenas de ata 12 anos aprenderán as artes da escena e ensaiarán unha peza de teatro. Unha actividade que se desenvolverá todos os sábados dos meses de outubro e novembro, e para participar é necesario apuntarse. Os impresos de inscrición atópanse nos colexios de Cervo e San Ciprián e poderán presentarse ata o 15 de outubro. Unha vez rematado o período de inscrición, o Concello convocará unha reunión cos pais e nais para informalos de todos os detalles.
A obra que prepararán os cativos e cativas ao longo deste obradoiro será representada o día 24 de novembro na Casa da Cultura de San Ciprián nun acto aberto ao público. Polo tanto, ademais de aprender as técnicas teatrais, a cativada experimentará os nervios de subir ao escenario e amosar todo o aprendido.
Os adultos tamén terán a oportunidade de presenciar un espectáculo teatral pensado para eles. Neste caso Metátase Teatro representará a obra Bolboretas, o 10 de novembro, ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
Cabe destacar ademais a celebración do primeiro Land Rover Cervo, a recreación do programa humorístico da TVG o vindeiro día 11 de novembro, ás 18:00 horas. Unha actividade que mantén a liña de reproducir espazos televisivos de entretemento dándolles un toque local, tal e como se fixera hai unhas semanas en San Ciprián co Un, dous, tres…responda outra vez, pero nesta ocasión na capital cervense.
Igualdade e Servizos Sociais
A delegación de Igualdade e Servizos Sociais fai varias achegas a este Outono Cultural. Unha delas é unha novidade no municipio cervense e ponse en marcha por primeira vez. Chámase “Aprendemos os uns dos outros” e son as I Xornadas de Igualdade do Concello, nas que homes e mulleres aprenderán a colaborar nas tarefas cotiás e do fogar. Esta actividade desenvólvese entre o 22 e o 31 de outubro. Ademais, o 25 de novembro terá lugar un acto de conmemoración do Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres.
As participantes nos cursos de memoria do Concello serán as protagonistas da actividade programa para o 23 de novembro titulada “Recordando contos de onte”. Elas serán as encargadas de rescatar da memoria colectiva lendas e historias tradicionais pero tamén de transmitir experiencias propias de tempos pasados. Ese mesmo día Airiños do Xunco ofrecerá unha actuación musical.
A esencia do outono
O mes de novembro comezará coa celebración do Samaín no PAI de San Ciprián, o día 2 na Casa do Mar. Ao día seguinte esta festa tradicional estenderase a todo o público infantil a partir das 18:00 horas no mesmo lugar.
As castañas tamén terán o seu protagonismo como froito por excelencia do outono. O día 17 de novembro arrincará con gastronomía, cando terá lugar o primeiro concurso “Larpeirada de ourizo de outono”, no que as persoas participantes poderán competir preparando sobremesas e outros doces que inclúan a castaña como produto básico.
Esa mesma xornada farase entrega dos premios de debuxo infantil “A Castaña”, un concurso para nenos e nenas de ata 12 anos que se convocará con tempo de antelación para que os participantes poidan levar as ilustracións elaboradas por eles e que terán que ter como temática central este froito. Para pechar o día celebrarase un magosto. O PAI tamén organizará o seu propio magosto o día 23 de novembro.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



