FUENTE PARGA CONFÍA EN QUE SE MANTEÑA O SOBRESEIMENTO E ARQUIVO DICTADO POR UN XULGADO DE MONDOÑEDO HAI UNS DÍAS. O ALCALDE DE BARREIROS ANUNCIOU QUE O SEU GABINETE XURÍDICO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO RECURSO PLANTEXADO POR ADEGA.
Barreiros, 18 de outubro de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, confía en que se manteña o auto de sobreseimento e arquivo dictado polo xulgado de instrucción nº 1 de Mondoñedo hai uns días, tras o recurso presentado por ADEGA. O rexedor anunciou que o seu gabinete xurídico plantexará alegacións a dito recurso.
Fuente Parga considera que “o dereito os ampara para presentar recurso contra o arquivo e sobreseimento desta causa”. E asegura que non lle sorprenden as declaracións efectuadas hoxe, “eu cambiaría o nome de ADEGA e lle poñería o de Bloque Nacionalista Galego, porque é o mesmo. Estamos a falar da esquerda radical que estes días se está a pronunciar en diferentes actos. Esta rolda de prensa nestas datas non é casual, todos sabemos polo que é. Estamos a ver cómo estes días nos mítines están a insultar mesmo aos representantes políticos do PP. Esto é un feito máis”.
O alcalde barreirense indicou que “eu, como dixen noutras ocasións, sempre respectei as decisión xudiciais tanto nun sentido coma noutro. Neste caso incluso se vai contra a independencia do xuíz, cousa que me parece bastante grave, non respectar as decisións xudiciais e ir contra delas, é un feito que está aí”.
Alfonso Fuente Parga anunciou que “o noso abogado presentará alegacións ao recurso e confiamos en que se manteña ese auto de sobreseimento e arquivo. Detrás dese auto hai un traballo importante e exhausto, se tomou declaración a moita xente, se pediron moitos documentos, se aportaron moitos informes periciais e ese auto está baseado en todo eso. Confiamos en que se poida manter”.
O xulgado de instrucción nº1 de Mondoñedo decidiu arquivar a principios deste mes a causa aberta contra o propio rexedor, os tres concelleiros que formaban parte da xunta de goberno local no 2006 e a arquitecta municipal, pola concesión de 44 licencias de obra en Barreiros.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



