NO PLENO EXTRORDINARIO DO VINDEIRO LUNS APROBARÁSE A MODIFICACIÓN DALGUNHAS ORDENANZAS FISCAIS PARA 2013, QUE SE INCREMENTARÁN NUN 3’4%. O ALCALDE SALIENTOU QUE HAI TAXAS QUE NON SUBEN COMA A DO CEMITERIO, AS DE AXUDA A DOMICILIO, OU A DE UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Burela, 25 de outubro de 2012. O vindeiro luns, 29 de outubro, celebrárase pleno extraordinario en Burela para aprobar as ordenanzas fiscais que rexirán no no concello durante o ano 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que “se trata dun paso previo para a elaboración e aprobación dos presupostos municipais”. A maioría das taxas subirán o IPC interanual, que está fixado polo Ministerio de Hacienda, no 3,4%, pero hai outras que non sofrirán modificacións coma a do cemiterio, as de axuda a domicilio ou a de uso de instalacións deportivas municipais.
O rexedor dixo que “hoxe houbo a pertinente comisión informativa. Do que se trata é de actualizar prácticamente a maioría das ordenanzas en base ao IPC interanual que está fixado polo Ministerio de Hacienda nun 3’4%. Esto é un trámite habitual. A inmensa maioría dos concellos actualizan as súas ordenanzas fiscais por unha razón que é obvia. Como Concello a administración ten que pagar polos servizos que recibe e que presta aos cidadáns e o lóxico e normal é actualizar as ordenanzas en función dese IPC. A maioría das ordenanzas teñen esa actualización”. González Barcia subliñou que “hai algunhas que non cambian e que se quedan como están, como por exemplo o uso de instalacións deportivas municipais, a ordenanza do cemiterio queda como está ao igual que as dúas ordenanzas vinculadas coa axuda a domicilio e tamén o imposto de actividades económicas e o imposto de construcción, instalación e obras. Hai algunha ordenanza que se incrementa moi pouco, diríamos que se trata dun axuste máis que dun incremento, como é o caso da entrada ao barco museo ou os vados que suben dous euros. Estas actualización realízanas todas as administracións para ter compesados o seu estado de gastos e o seu estado de ingresos”.
Novas ordenanzas
No pleno extraordinario do vindeiro luns o equipo de goberno aprobará dúas ordenanzas novas. O alcalde indicou que “unha delas ten que ver coas taxas que se cobran pola medición de ruidos en locais de hostalería ou en outros, porque esto orixina uns gastos en material. E eses custes entendemos que deben ser amortizados en función das medicións que se teñan que facer, ademáis ás veces teñen que ir varios axentes da propia Policía Local para que se fagan estes traballos. A taxa que se vai pagar pola realización de medicións de ruidos é de 200 euros, pero con matizacións”. José Mª González Barcia manfestou que “cando a medición é provocada pola denuncia dun particular, si é certo que hai ruido a taxa pagaríaa o local denunciado, pero si pola contra esa denuncia demostra que a medición é correcta e non se superan os límites de ruidos incluidos na normativa municipal quen tería que pagar sería a persoa que denuncia. No caso de que sexa o Concello o que actúa de oficio, si esa medición resulta negativa para o local o custe sería asumido polo Concello e en caso contrario, é decir si se confirma que o ruido é superior aos niveis máximos permitidos será o propietario do local o que teña que cargar co custe”.
A outra ordenanza que se porá en marcha é a reguladora do imposto municipal sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana. O alcalde de Burela anunciou que “poñeremos en marcha esto en función do plan de axuste aprobado no seu día e ocasionado pola existencia de 1.300.000 euros en facturas pendentes de pago prácticamente na súa totalidade do anterior goberno bipartito, por eso tivemos que facer ese plan de axuste no que figura o compromiso do Concello de Burela de aplicar unha ordenanza sobre a plusvalía no que son as transaccións de compra venta de bens inmobles e solares. Sobre o valor catastral se aplicarán uns gravames ao igual que noutros concellos e noso caso se aplicará un tipo impositivo que é un dos máis baixos que hai en toda Galicia. Non grava o prezo en sí de venta, senón o valor catastral do ben que se vende e esa plusvalía será dun 10%”. González Barcia recalcou que “esta ordenanza ven derivada polo plan de axuste no que se inclúe esta taxa para xenerar ingresos e así facerlle fronte a ese crédito que houbo que pedir para pagar esas facturas que outros deixaron sen pagar. E a taxa de medición de ruidos entendemos que é de xustiza aplicar porque non é que vaia xenerar uns grandes ingresos ao Concello, non se trata diso, senón que esas medicións non teñan repercusión económica para o conxunto dos cidadáns senón que as persoas que denuncian ou son denunciados e incumplen a normativa se fagan cargo do importe que costa facer esas medicións”.
Presupostos de 2013
Para José María González Barcia o pleno do luns ten un marcado cariz económico, “e é o preludio da elaboración dos presupostos e da aprobación dos mesmos. A intención que temos é enviar ao BOP con carácter inmediato os acordos que se adopten nesa sesión plenaria do luns. E os presupostos queremos aprobalos no pleno ordinario que terá lugar a finais do vindeiro mes de novembro para que entren en vigor con efectos absolutos o día 1 de xaneiro”.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



