O Consello de Europa critica con contundencia a política lingüística de Feijóo, sobre todo por reducir o galego no ensino
O Consello de Europa reclama que se oferte ensino en galego
A política de ataques contra o galego está a vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos
Carlos Callón: “O Comité de Expertos do Consello de Europa recoñece de forma contundente o que A Mesa leva tres anos denunciando”
“Feijóo non debería caer na tentación de continuar igual despois desta advertencia do Consello de Europa: gañar as eleccións non o converte en monarca absoluto que poida desprezar os nosos dereitos”
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012.- A Mesa pola Normalización Lingüística valorou esta tarde nunha conferencia de imprensa de urxencia o relatorio elaborado polo Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a aplicación en Galiza da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, que se pode consultar nesta ligazón:
O presidente da Mesa lamentou que este relatorio “non se coñecese antes das eleccións autonómicas”, pois “demostra de forma palpábel que existe unha distancia enorme entre a propaganda do equilibrio lingüístico que vende Feijóo de forma falaz e a dura precariedade en que se encontran os dereitos das e dos falantes de galego”. Así e todo, Carlos Callón lembrou que “gañar as eleccións non fai que as mentiras se convertan en verdade” e reclamou que o novo goberno autonómico “rectifique dunha vez e pase a respectar os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos”. “Feijóo non debería caer na tentación de continuar igual despois desta advertencia do Consello de Europa: gañar as eleccións non o converte en monarca absoluto que poida desprezar os nosos dereitos”, apunta.
O Comité de Expertos do Consello de Europa aborda no seu relatorio diversos aspectos da comunidade lingüística galega, mais detense con maior intensidade no relativo ao sistema educativo. Así, o organismo internacional critica especialmente a “redución gradual” do ensino en galego “en todos os niveis” e lembra que a obriga dos poderes públicos é garantir liñas educativas nucleadas no idioma propio de Galiza. Ademais, apuntan que o modelo do chamado “decreto de plurilingüismo” imposto por Feijóo contra o criterio da comunidade educativa non debe afectar á media de presenza do galego na escola, como si está a facer. Lembremos que nestes momentos, nas estimacións máis optimistas, só o 20% do ensino non universitario se desenvolve en galego e que só o 3% dos centros de infantil das cidades declaran impartir as aulas na lingua do país. Ningunha outra lingua oficial no Estado español se encontra cunha situación tan limitada.
Mentres os expertos europeos “aplauden” a promoción do catalán e do vasco nos seus territorios, detéñense a criticar a redución da presenza do galego nestes anos tanto no ensino como na administración ou nos medios de comunicación. Nisto último, rexeitan a desaparición do único diario que existía en galego, durante a pasada lexislatura, e critican que aínda non haxa ningunha radio ou televisión privada que emita no idioma de Galiza para todo o territorio galego, tal e como estipula a Carta Europea das Linguas.
Por outra banda, o Comité de Expertos tamén se detén na vulneración de dereitos lingüísticos no sector da Xustiza, no cal o PP ordenou a modificación do programa informático, que impide nestes momentos usar o galego con normalidade nas xestións administrativas máis habituais.
Carlos Callón pide que “a Xunta escoite o Consello de Europa e respecte este tratado internacional, respecte a lingua que nos une como galegas e galegos”. De non o facer, o dirixente da Mesa apunta que “desde o movemento cultural galego continuaremos a batallar con ánimo e enerxía, porque sabemos que estamos a defender unha causa xusta e necesaria, como é a liberdade de podermos utilizar o noso idioma no noso propio país”.
A Mesa pola Normalización Lingüística valorou esta tarde nunha conferencia de imprensa de urxencia o relatorio elaborado polo Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a aplicación en Galiza da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, que se pode consultar nesta ligazón:







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



