Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere utilizar a Rede Natura como vertedoiro de áridos
10 de outubro de 2012. O anuncio do enésimo dragado da ría de Foz (LIC, ZEPA, ZEPN e humidal inventariado) por parte de Portos, alén dun inútil desbaldimento de cartos públicos, podería provocar outros danos colaterais: está previsto verter os milleiros de toneladas de sedimento extraidas da canle do porto… dentro do esteiro protexido! A construción nos anos 80 do espigón de punta Anguieira provocou tanto a colmatación do esteiro do Masma como a erosión da praia de Altar, en Barreiros. Portos e Costas investiron millóns de € tanto en dragados como en aportes de area e obras de consolidadión litoral… sen éxito. Agora pretenden botar os entullos sobre un espazo con catro figuras de protección. É que nunca aprenderán a ter en conta á natureza e ás súas dinámicas? Canto máis nos vai custar xogar aos “casteliños” co medio ambiente?
ALEGACIÓNS de ADEGA ao proxecto “Vertedura do material extraído nas obras de dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz”
1. O “Informe de caracterización de la zona propuesta para el vertido del material a extraer en las futuras obras de dragado en el canal de acceso al puerto de Foz”, realizado polo CIS (Centro de Investigacións Submariñas), que acompaña ao proxecto non pode ser considerado un estudo de impacto ambiental consonte ao R.D. 1/2008. Ten un carácter eminentemente bibliográfico, só describe a área das verteduras aproximando algunhas consecuencias do proxecto, e non recolle toda a variedade de especies que caracterizan ás comunidades de invertebrados das chairas lamacentas. Así, e no que atinxe ás comunidades de invertebrados atopadas na área de estudo, mostraxes feitas pola Estación de Bioloxía Mariña da Graña (USC) para hábitats bentónicos similares (Ría de Ferrol), reflicten a presenza de entre 30 a 40 especies de poliquetos, 10 a 15 de crustaceos e de 5 a 10 de moluscos, citando tamén unha grande abundancia de nematodos e nemertinos, que non aparecen recollidos neste informe.
A este respeito, no estudo “Cambios bentónicos en la ría de Foz (Lugo) (noroeste de España) tras la construcción de un espigón”, elaborado por C. Castellanos, S. Hernández-Vega e J. Junoy en 2003, cítanse moitos máis invertebrados (53 especies) nas chairas lamacentas desta mesma ría que os que aparecen no informe do CIS. Sublíñase tamén nesta publicación a importancia que acada a presenza da fanerógama Zostera noltii, cuxa representación territorial na ría de Foz viuse incrementada nos últimos anos polas alteracións hidrodinámicas e sedimentolóxicas causadas pola construción do espigón. Cómpre lembrar que esta planta figura catalogada como “vulnerábel” no Catálogo Español de Especies Ameazadas (RD 139/2011) e que intervencións (colmatación por aportes externos) que impliquen o incremento do carácter continental dun esteiro, poden provocar a súa desaparición.
2. A área na que se pretenden levar a cabo a verteduras dos materiais procedentes do dragado forman parte da Rede Natura 2000 galega: LIC “Ría de Foz-Masma”, código ES1120011; ZEPA “Ría de Foz”, código ES0000373, e ZEPVN, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, alén figurar catalogada no Inventario de Humidais de Galiza; e nela están presentes hábitats e especies de interese europeo e prioritarios. Tendo en conta as conclusións do “Informe de caracterización de la zona propuesta para el vertido del material a extraer en las futuras obras de dragado en el canal de acceso al puerto de Foz”, parece evidente que o proxecto de vertido de sedimentos vai causar modificacións no medio físico, impactos nas comunidades bentónicas (incluidas especies protexidas) e outras alteracións sedimentolóxicas tanto na área de estudo como en toda a ría de Foz.
Por todo o anteriormente exposto, ADEGA SOLICITA:
1. Que tanto para o proxecto de dragado da canle de acceso ao porto de Foz como para o proxecto de vertedura dos sedimentos extraídos se elaboren os correspondentes estudos de impacto ambiental e que, de afectaren a hábitats considerados prioritarios segundo a Directiva 92/43 CEE se efectúen as consultas previas perante a Comisión Europea consonte ao artigo 6.4 da Directiva 92/43 CEE.
2. Que en todo caso, as eventuais verteduras de sedimentos se leven a cabo consonte ás recomendacións dun estudo sedimentolóxico pormenorizado que teña en conta a evolución histórica da zona (por exemplo “Cartography of the surface sediments of the Ría de Foz, Lugo-NW Spain, after the construction of a jetty”, de Hernández-Vega, S., Castellanos C & Junoy, J., 2005). En todo caso, deberían realizarse fóra das zonas protexidas, e sempre en áreas cunha maior profundidade para non acelerar os procesos de colmatación que está a sufrir a ría de Foz.
3. Outras recomendacións que deberan terse en conta: As zonas de recepción dos sedimentos dragados deberían ter unha granulometría similar a aqueles para minimizar o impacto dos aportes. Estes deberían efectuarse nos meses de outono e inverno para reducir o impacto sobre as especies con ciclo anual como poliquetos e crustáceos.



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



