<!– @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0cm; background: #000000; border: 1px solid #000000; padding: 0.04cm; direction: ltr; color: #ffffff; text-align: center; widows: 2; orphans: 2 } P.western { font-family: “Times New Roman”, serif; font-size: 14pt; so-language: es-ES; font-weight: bold } P.cjk { font-family: “Times New Roman”, serif; font-size: 14pt; font-weight: bold } P.ctl { font-family: “Times New Roman”, serif; font-size: 10pt; so-language: ar-SA } –>
XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2012/2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 3ª TIRADA
(Centro Social de Monte – Sábado, 20 de outubro 2012)
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE ( 20 OUTUBRO 2012) 34 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
|
PRIMEIRO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
341 |
12 |
|
SEGUNDO |
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
266 |
10 |
|
TERCEIRO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
251 |
8 |
|
CUARTO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
248 |
7 |
|
QUINTO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
242 |
6 |
|
SEXTO |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
230 |
5 |
|
SÉTIMO |
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
225 |
4 |
|
OITAVO |
CARLOS JAVIER ORDRÍGUEZ CASABELLA |
223 |
3 |
|
NOVENO |
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
222 |
2 |
|
DÉCIMO |
JOSE VIGO LAGE |
210 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
ARTURO VIGO CASABELLA |
98 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
|
PRMEIRO |
ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
135 |
6 |
|
SEGUNDO |
DANIEL LÓPEZ FERNÁNEZ |
132 |
4 |
|
TERCEIRO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
111 |
3 |
|
CUARTO |
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
48 |
2 |
|
QUINTO |
LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
46 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
53 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
|
PRMEIRO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
154 |
6 |
|
SEGUNDO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
125 |
4 |
|
TERCEIRO |
DOLORES BAÑO FRAGA |
117 |
3 |
|
CUARTO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
114 |
2 |
|
QUINTO |
LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ |
96 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
62 |
1 |
Tarde soleada e moi agradable. Boa participación en xeral (34 inscritos nas 3 categorías), pero inda pequena na Sub 18 con só 5 inscritos, moi poucos para o que nos gustaría.
Liga Senior Masculina.- O vixente campión Arturo Vigo marcouse unha xornada sencillamente espectacular, índose aos 341 tantos, o que fai unha media de 85 tantos por tirada; non é de extranar, xa que nos 4 desquites, dun máximo de 120 tantos (30+30+30+30), conseguiu 114 (30+30+24+30). Conseguiu ademáis a mellor bolada con 98 tantos, que pode aspirar a ser a mellor do campionato. Con este resultado ademáis ponse líder con 18 puntos, seguido de Sócrates Campo con 16, Carlos Javier Rodríguez con 15, César Cancelos con 14, etc.
Liga Senior Feminina.- Victoria de Concepción Piñeiro, quen sumou ademáis a mellor tirada. Conchita impúxose con claridade con 154 tantos ao resto de competidora: Salómé Bermúdez 2ª con 125, Dolores Baño 3ª con 117 e Belén Meitín 4ª con 114. A vixente campiona Carmen Roca non tivo o seu día e non foi siquer capaz de puntuar. Na clasificación empatan Belén Meitín e Concepción Piñeiro con 9 puntos, seguida de Dolores Baño con 7. Inda é moi pronto para salientar a alguén nesta categoría, pero á terna que dominou nestes último anos (Carmen, Dolores e Belén) pódese sumar este ano Concecpión Piñeiro, xa que pensamos que mellorou moito o seu xogo e que creceu como xogadora.
Liga Sub 16.- Pouca participación nesta Liga; a ver se nas vindeiras tiradas podemos sumar algún neno/a e rapaz/za máis. Victoria de Isaias Cardoso que fai que comparta subliderato coa súa irmán Salomé. Daniel López mantense líder grazas aos 4 puntos acadados nesta tirada.
A vindeira tirada (4ª) vai desenvolverse este vindeiro SÁBADO 27 DE MAIO NA BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE. Pero non vai ser a única competición deste fin de semana, xa que o DOMINGO 28 DE MAIO NA BOLERA DO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO imos recuperar a tirada que debía haberse celebrado o o pasado 13 de outubro, pero que se aprazou debido ao desprazamento do Club de Bolos Xove ao Campionato de España de Bolo Celta en categorías xuvenil, feminina e veteranos celebrado en Tineo, Asturias.








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
