COMPLICADO DESPRAZAMENTO Á CANCHA ALACANTINA
O Burela FS Pescados Rubén pelexará por conservar a praza de honra no difícil desprazamento á cancha do UA Alicante; a oitava xornada de Primeira dará comezo mañá ás 19.00 no pavillón universitario da cidade levantina. “É o partido máis complicado ata o momento no calendario, non só pola configuración do equipo, senón tamén pola pista, unha superificie gomosa que pode frear enormemente o noso xogo”, explicou a porteira laranxa Patricia Otero, que, non obstante, tamén deixou ver o seu optimismo con respecto ás posibilidades laranxas: “Se estamos ao cento por cento podemos manter o liderado”.
A meta coruñesa, que se presentou en Vista Alegre na goleada ante o Móstoles tras o seu debut ligueiro fronte ao Viaxes Amarelle, amosouse “moi tranquila e a gusto sobre a pista”. “A situación dunha porteira sempre é máis complexa, non hai as mesmas rotacións e hai que aproveitar todas as oportunidades ao máximo. A confianza do adestrador é de agradecer. No primeiro tramo tampouco estaba en plenitude de facultades, por molestias dunha lesión antiga, pero agora xa estou perfectamente e o importante e ir collendo minutos e seguir traballando día a día” dixo con ilusión Patri.
O UA, cun cadro amplo e de calidade chamado a acabar nos postos altos, ten moitas esperanzas depositadas na cita ante o líder. Segundo expresou a entidade alacantina, “o partido ten todos os alicientes para converterse en todo un espectáculo, no que ambos os conxuntos apostan por un fútbol sala sen especular”. A única preocupación no vestiario valenciano son as lesións, xa que ao parecer o cadro contará con “con varias y serias dúbidas para poder chegar en condicións á cita”.
A expedición laranxa, pola súa banda, viaxou a terras levantinas sen ausencias, a excepción de Haydee, que mantén repouso tras a recente intervención do seu xeonllo dereito, por unha tendinite rotuliana.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
