CRISTOBAL RODRIGUEZ LIDERA O TORNEO OPEN DE ESPADA DA CIDADE CONDAL
O Pentatleta Internacional Mariñán, o Vivariense Cristobal Rodriguez, colocar este fin de semana á fronte da clasificación do prestixioso torneo Barcelones de Esgrima ás Tres Armas, Organizado polo Club de esgrima no que milita desde fai dúas tempadas, o Sala de Armas Montjuic ,o deportista Galego compite na modalidade de Espada e avantaxa ao seu inmediato perseguidor en cinco combates, o Torneo que se celebra en formato Liguiña e proba Open permite que esten competindo non só tiradores cataláns senón que acoden espadistas de diferentes puntos do pais a fin de preparar os Rankins Nacionais absolutos de Espada, que comezan na Ponte da Constitución,Rodriguez para poder vencer tendra que manter a súa vantaxe durante os catro encontros que restan ata o Nadal.
De todos os xeitos o Tirador Galego do Club Azul Laranxa como denominan no panorama Nacional ao Sala de Armas Montjuic a sido decisivo coa súa intervención en Guadalaxara para contribuír de xeito directo a que o seu club marche SEGUNDO DO RAMKING NACIONAL ABSOLUTO DE ESPADA con 192 puntos, o Seleccionador do SAM, conta no seu fixos convocados, sempre co Esgrimista de Viveiro, salvo que compromisos co Equipo Nacional de Pentatlon Moderno ao que Rodriguez Pertence desde o ano 2006 o inpidan, polo que probablemente cando salga a lista de convocados o dia tres, para o “RAMKING NACIONAL DE ESPADA ABSOLUTA” é mais que probable que un Mariñán, Cristobal Rodriguez este en a Pista coa súa Espada EN MADRID.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
