UN PLENO EN BURELA ONDE SE DEMOSTRA, UNHA VEZ MÁIS, A PREPOTENCIA E O CLIENTELISMO DO PP
Do Pleno que se celebrou onte en Burela imos destacar dous puntos da orde do día que suscitaron máis polémica no seu debate.
Por un lado, a aprobación das alegacións presentadas ao Plan Xeral de Urbanismo, un asunto que está xerando moito malestar entre os veciños e veciñas de Burela e, proba disto, é a importante presenza de público que onte asistiu ao Pleno.
Para nós, para o BNG, hai dous temas importantes que non se solucionaron neste trámite de alegacións, posto que se rexeitaron as relacionadas con estes temas, e, polo tanto, continúa a haber importantes agravios comparativos: un refírese á catalogación de certas vivendas como protexidas por Patrimonio e o outro ten que ver coa delimitación de certos polígonos que van actuar sobre solo urbano non consolidado.
Polo qur se refire á catalogación de vivendas protexidas por Patrimonio, detectamos, na resolución das alegacións, que se atenderon unha serie delas que pedían a descatalogación destas vivendas e se obviaron outras en base a uns criterios que, ao noso xuízo, non son obxectivos e que para nada cumpren as palabras pronunciadas onte no Pleno polo equipo de goberno cando dicían que “velaban polos intereses públicos e non polos privados”. A comparativa das alegacións aceptadas e non aceptadas deixa en entredito esta afirmación.
Pero, non hai que esquecer que, aínda que dende o Concello se aceptasen moitas destas alegacións para “tranquilizar” a certos propietarios, a última palabra tena Patrimonio e moito dubidamos de que cambien de opinión na catalogación feita con anterioridade. Terán que estar os veciños e veciñas atentos ao futuro informe de Patrimonio porque as cousas poden cambiar.
E o segundo punto clave das alegacións ao PXOM e, ao noso xuízo, tamén claramente discriminatorio, é a delimitación de certos polígonos en solo urbano non consolidado. Segue habendo propietarios que van correr con todos os gastos de urbanización deses polígonos e outros que se van beneficiar das melloras conseguidas sen facer ningunha cesión. E isto non se resolveu nas alegacións.
Polo que se refire ao outro punto da orde do día, a aprobación do III Plan de Igualdade para o Concello de Burela, a actuación do equipo de goberno neste punto demostra a súa prepotencia e falta de sensibilidade co tema. É a primeira vez na historia do Concello de Burela que se presenta para a súa aprobación no Pleno un Plan de Igualdade que non contou coa participación dos grupos da oposición. No I e II Plan (o I cando gobernaba o PP e o II cando gobernamos o BNG e o PSOE), antes de ser aprobado por unanimidade polo Pleno mantivéronse reunións cos grupos da oposición para que fixesen as súas aportacións e, así, facer deste tema tan importante, a igualdade entre mulleres e homes, un asunto de pleno consenso e onde todos e todas temos algo que dicir e aportar para traballar xuntos nos seus obxectivos.
Pois ben, neste III Plan iso non se cumpriu: o equipo de goberno do PP entregounos este III Plan xa redactado e listo para a súa aprobación o xoves pasado cando se nos entregou a documentación do Pleno, sen ternos informado antes nin darnos a posibilidade de participar na súa elaboración (como si se fixera nas dúas ocasións anteriores). Ante esta situación, os grupos da oposición elaboramos un documento no que se recollían unha serie de aportacións para, ao noso xuízo, mellorar, ampliar e complementar o texto presentado polo equipo de goberno e presentámolo para a súa aprobación en Pleno. Pero, cal non sería a nosa sorpresa cando o equipo de goberno do PP se negou a admitir ningunha das nosas propostas. Non entendemos que, ante un tema tan importante e no cal todos e todas debemos de estar de acordo e traballar conxuntamente, o equipo de goberno non acepte ningunha das nosas aportacións e decida romper o consenso que sempre houbo no Concello de Burela neste tema.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



