ONZÁLEZ BARCIA VIAXA HOXE CARA MADRID. ALÍ MANTERÁ XUNTANZAS COS DIRECTORES GENERALES DE PESCA E DE MARINA MERCANTE. ENTRE OS ASUNTOS QUE SE ABORDARÁN FIGURAN A FEIRA EXPOMAR E AS COTAS PESQUEIRAS.
Burela, 14 de novembro de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, viaxa hoxe cara Madrid para reunirse cos directores generales de Marina Mercante e Pesca co obxectivo de analizar cuestións de interese para Burela.
Un dos encontros terá lugar mañá xoves, 15 de novembro, co director general da Marina Mercante. O rexedor explicou que “pretendemos coñecer de primeira man cales son os prazos que a administración central ten previsto levar a cabo para o traslado dos efectivos e dos recursos que Capitanía Marítima ten agora mesmo nos locais da praza de abastos, que son municipais, para trasladalos ao novo edificio. A intención é moi simple: agora que efectivamente está confirmado que se trasladan nosoutros queremos facer unha reorganización dos propios servizos municipais e iso nos leva a pensar que poderíamos ocupar boa parte das dependencias que agora mesmo está usando Capitanía Marítima”.
González Barcia engadiu que “aparte diso co director general de Marina Mercante imos falar algunhas outras cuestións que teñen que ver fundamentalmente coas demandas do propio sector pesqueiro. Nese sentido, teño que recordar que antonte, luns, no Concello mantivemos unha reunión cos representantes do sector en Burela (Absa, confraría de pescadores e máis a organización de produtores pesqueiros) para precisamente concretar os temas que eu vou falar cos directores generales en Madrid”. Co director general de Pesca, Andrés Hermida, “que é unha persoa coñecida aquí en Burela, vamos falar de dous temas fundamentais, un deles a colaboración da administración central no tocante á celebración para o próximo ano da feira náutico pesqueira Expomar. E por outro lado queremos coñecer cal é a postura que vai formular de cara ao futuro o propio goberno central no que se refire as cotas de pesca”, manifestou o alcalde burelés.
José Mª González Barcia contou que “vai haber mais reunións en Madrid durante estes días e eu espero e confío que os resultados sexan positivos, porque tanto nun aspecto, o que está vinculado con Marina Mercante, como o vinculado con Pesca son asuntos que nos afectan a todos, porque sabemos e somos conscientes da importancia que ten o sector pesqueiro en Burela”.