O BNG DE MURAS DENUNCIA QUE UNHA VEZ MÁIS O ALCALDE ISSAM ALGNAM AZZAM VOLVE A SAÍR NOS MEDIOS POR MOR DA SÚA IMPUTACIÓN POR TRÁFICO DE INFLUENCIAS NO CASO DAS MULTAS.
Os nacionalistas anuncian que pedirán a súa dimisión no próximo pleno municipal
A Mariña, 9 de novembro de 2012. O BNG de Muras considera moi grave a situación na que se atopa o Concello de Muras, logo de ser imputado o alcalde do PP Issam Alnagm Azzam, na trama de retirada de multas, tal como aparece recollido estes días en distintos medios de comunicación.
Dende o BNG defenden que este tipo de comportamentos mostran os valores éticos e principios morais de quen asi actúa, e polo tanto non lles sorprende que o señor Algnam Azzam actuase desa maneira.
O BNG xa denunciou outro posíbel caso de tráfico de influencias coa utilización de información privilexiada en beneficio do alcalde e persoas achegadas co proxecto para a aldea etnográfica proxectada para Muras que se está a construir na actualidade e que foi promovida polo goberno local con financiamento da Consellaría de Presidencia con cargo ao Plan de Compensación Medio Ambiental, na mesma o Sr. Issam Algnam Azzam vendera 109 fincas da súa propiedade ao Concello polas cales ingresou arredor de 300.000 euros.
Todas estas actuacións que se moven ao borde da lei, levan a pensar no desgoberno no que se atopa Muras, onde o seu máximo responsable non distingue entre o público e o privado, e considera o Concello o seu “cortijo”particular.
Lembran os nacionalistas que o alcalde do Partido Popular está a cobrar 54.300 euros, lembremos que o maior salario por ratio de poboación, polo que non entenden que precise axuda para pagalas multas.
O BNG de Muras pedirá no próximo pleno a demisión do alcalde por considerar que non pode seguir nen un minuto máis á fronte do Concello logo das graves imputacións á súa persoa que teñen aparecido nos medios de comunicación nas últimas datas. Asimesmo espera que o Partido Popular actúe en consecuencia logo da imputación do Sr. Algnam Azzam como ten actuado noutros concellos da Galiza, onde por casos semellantes fíxose dimitir aos implicados.
Dende o BNG de Muras somos sensibles a este tipo de actuacións reprobables e condenamos este tipo de comportamentos e actuacións.





















Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



