O BNG DE BARREIROS PÍDELLE AO ALCALDE QUE DEIXE DE SER DEMAGÓXICO E QUE EXPLIQUE A REALIDADE.
“Se o diñeiro que se ingresou neste concello se xestionara da forma que tiña que facerse e non despilfarrando e mercando vontades, podía adicarse a pagar os servizos e, polo tanto, non sería preciso subir as taxas para cubrir os mesmos”.
(Ana Ermida, portavoz municipal do BNG)
No pleno celebrado na tarde do luns en Barreiros, o BNG tivo que plantexar como pregunta as queixas dunha asociación de veciños debido á negativa do Alcalde a tratala como unha moción co debate oportuno. “Incluso se negou a que se presentase como moción in voce polo grupo municipal do BNG”, explican os nacionalistas. “Con esta actitude dá boa mostra do respecto que lle ten ás veciñas e veciños que acudiron ao máximo órgano de representación municipal para tratar a suba das taxas e impostos e tratar de que se revisen os criterios da mesma”, continúan desde o BNG.
Ademais, desde o BNG consideran “dunha demagoxia sen precedentes que o Alcalde pretenda confundir á xente lendo frases sacadas de contexto de actas anteriores e utilizando unha pretendida explicación técnica para xustificar a súa incapacidade para xestionar.”
“O máis sorprendente é que outra vez trata de botar balóns fóra e de xustificarse dicindo que había moitos anos que non se revisaban as taxas, como se eso non fora a súa competencia”, insisten os nacionalistas, “e pretende explicar que se suben as taxas para manter os servizos e non se destina ese diñeiro a nigunha outra cuestión, tratando así de desvinculalo do préstamo que o Concello tivo que solicitar para pagar unhas débedas consecuencia da nefasta xestión”.
Desde o BNG pídenlle “que sexa claro e que explique o que calquera persoa entendería: se o diñeiro que se ingresou neste concello se xestionara da forma que tiña que facerse e non despilfarrando e mercando vontades, podía adicarse a pagar os servizos e, polo tanto, non sería preciso subir as taxas para cubrir os mesmos. Polo tanto, é evidente que as taxas se suben porque non hai diñeiro, porque se malgastou e porque tivo que pedirse un crédito para tapar os buratos dunha xestión absolutamente perxudicial para as veciñas e veciños”, afirman desde o BNG.
“Pero o que xa non podemos permitir é que o Alcalde barreirense afirme alegremente que o concello non pode seguir mantendo uns servizos que lles correspondería pagar ás veciñas e veciños e non lle trema a voz cando anuncia os millóns de euros públicos, de todas e de todos, que se van invertir na legalización dunhas obras construídas por promotores privados. Non entendemos como quen di ser o representante das veciñas e veciños se preocupa máis por cubrir con diñeiro público o que lle correspondería pagar a promotores que o que lle corresponde aos veciños.”
Neste sentido, o BNG explica que, segundo as palabras do Alcalde no propio pleno, Alfonso Fuente asegurou que a obra que ía licitar Augas de Galicia (Convenio de Abastecemento e Saneamento – 14 millóns € -) ía pagarse por Augas de Galicia, aportasen as outras partes do convenio o que lles corresponde ou non. Disto pode deducirse que a parte que tiña que poñer o concello (7,2millóns) e que en teoría ían poñer os promotores, vai poñela tamén a administración pública.
Para o BNG, “esto é un absoluto despropósito e demostra claramente cales son as prioridades deste goberno municipal e do Partido Popular: salvar e favorecer aos ricos mentras acaban coas clases traballadoras, coas veciñas e cos veciños.”











O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



