A Deputación expón o plan Lug02 como fórmula de éxito para o desenvolvemento sostible da provincia no ciclo Luis Asorey
– O director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, explicou no congreso as directrices deste programa financiado nun 80% pola Unión Europea e dotado con 11,5 millóns de euros, entre a primeira fase, xa rematada, e a segunda, que se atopa en marcha
– A plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com; as marcas LugoSabe e Lugo02; e a realización de auditorías nos Concellos para aforrar custes na factura enerxética son algunhas das accións do Lug02 para impulsar a economía lucense
– O décimo aniversario da Reserva Terras do Miño centra este ano o Ciclo de Conferencias Luis Asorey, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Deputación e da USC. As xornadas rematan mañá
O director do departamento de Fondos Europeos da Deputación, Pablo Rivera, participou este martes no 23º Ciclo de Conferencias Luis Asorey ofrecendo unha conferencia na que expuxo o programa Lug02 do organismo provincial como fórmula de éxito para garantir un desenvolvemento sostible da provincia de Lugo, así como a protección do medio ambiente. Rivera explicou no congreso os obxectivos e directrices deste proxecto, financiado nun 80% pola Unión Europea e dotado con 11,5 millóns de euros, entre os 5 da primeira fase, e os 6,5 da segunda, que se atopa en marcha na actualidade despois de que a UE renovara a confianza nesta iniciativa da Deputación de Lugo.
A posta en marcha da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da que forman parte medio cento de empresas lucenses; a creación das marcas LugoSabe e Lug02, que locen xa 57 firmas alimentarias e turísticas; o navigador xeográfico www.delugo.es; o programa medioambiental de rutas Km0, que conta con 250 empresas colaboradoras; ou a realización de auditorías en 37 Concellos da provincia para aforrar na factura enerxética son algunhas das accións desenvolvidas pola Deputación no marco do Lug02 co fin de impulsar a economía lucense. Grazas a este programa creáronse xa 420 empregos directos e indirectos; ademais de manterse outros 3.000 coas rutas de Km0; e prestouse apoio e orientación para crear 5 empresas. Se ben o ámbito de actuación da primeira fase do Lug02 eran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares, ademais da comarca do Courel; na segunda fase, que se está a levar a cabo, o territorio beneficiado abarca tódolos Concellos da provincia, excepto o de Lugo, por contar con iniciativas semellantes.
A conferencia do director de Fondos Europeos da Deputación, que impartiu baixo o título “Os Fondos europeos como instrumento da Deputación de Lugo para o desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente”, enmárcase nun ciclo organizado no Salón de Actos de San Marcos pola Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Deputación e a USC. O décimo aniversario da declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera centra esta 23ª edición as xornadas, que rematan mañá.
Lugo, 27 de novembro de 2012























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



