(Centro Social de SUMOAS – Sábado, 1 de decembro 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS ( 1 DECEMBRO 2012)
31 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 238 | 12 |
| SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 232 | 10 |
| TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 228 | 8 |
| CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 205 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 204 | 6 |
| SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 201 | 5 |
| SÉTIMO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 198 | 4 |
| OITAVO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 192 | 3 |
| NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 181 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 178 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 85 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ | 108 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 80 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 60 | 2 |
| QUINTO | 1 | ||
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 44 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 83 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 63 | 4 |
| TERCEIRO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 30 | 3 |
| CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 27 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 27 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 37 | 1 |
Última tirada da primeira volta, ousexa, vai metade da competición, xa que se realizaron 9 das 18 tiradas previstas para esta temporada.
Tarde fria e húmida. Campo en malas condicións debido as intensas choivas tanto do venres coma do sábado. Debido a isto, os tanteos foron bastante baixos, en especial nas Ligas Sub 16 e Senior Feminina, con bastantes cucadas.
Liga Senior Masculina.- Chegado ao ecuador da competición, cada vez está máis igualada a cabeza. Arturo Vigo é campión de inverno grazas aos puntos do terceiro posto, desfacendo o empate con J. Rafael González, quen só puido ser quinto. Por detrais Carlos Javier Rodríguez con 59 puntos debidos á súa victoria, que lle permite relegar ao cuarto posto a Sócrates Campo, quen estivo bastante frouxo nas dúas últimas tiradas. En quinto lugar temos a César Cancelos con 54 puntos, cun xogo moi regular nas últimas tiradas, o que lle permite amezar o 4º posto de Sócrates e codearse cos mellores. En resumo, a segunda volta, que vai comezar o vindeiro 15 de decembro na bolera do Centro Social de Lago, preséntase apaixoante, con todo por decidir, e un amplo grupo de 5 xogadores que pode aspirar absolutamente a todo.
Liga Senior Feminina.- Arreón da vixente campiona coa súa cuarta victoria consecutiva, o que sen dúbida está facendo mella nas súas inmediatas perseguidoras, especialmente en Belén Meitín, quen nas últimas tiradas está xogando por baixo das súas posibilidades, notando moito a presión. Polo tanto, líder sólida Carmen Roca con 42 puntos, seguida de Belén Meitín con 34. Rematada a primeira volta, cremos que para o primeiro posto van ser estas xogadoras as que pelexen polo mesmo. Terceira temos a Dolores Baño e Concepción Piñeiro con 22 e 19 puntos respectivamente; estas dúas xogadoras inda podrían loitar polo segundo posto, pero terán que espabilar moito. Por detrais temos a unha Paula Campo, a cal, na súa primeira participación nesta competición, vemos que mellora semana a semana.
Liga Sub 16.- Nova victoria de Daniel López, terceira consecutiva, aumentando a súa vantaxe sobre Salomé en 9 puntos, con 49 e 40 putnos respectivamente. Daniel está intratable nestes intres, con catro victorias e dous segundos postos nas 6 últimas tiradas, feito que está poñendo nervosa a Salomé, segunda clasificada e vencedora das dúas últimas edicións desta competición. Terceiro está Isaias Cardoso con 30 puntos, que parece contentarse con esta posición.
A vindeira tirada, e PRIMEIRA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas vindeiro SÁBADO 15 DE DECEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Normalmente a segunda volta comezábamola despois do Nadal, pero para facilitar as competicións do Club de Bolos Xove nos distintos torneos provinciais e autonómicos, decidimos adiantar unha semana a competición para rematala antes.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
