20 de decembro de 2012. Diante das recentes manifestacións de Feijóo e Tahoces (D. X. de Industria) apoiando os métodos non convencionais para a extracción de gas en Galiza, ADEGA manifesta o seu total rexeitamento a calquera iniciativa que pretenda utilizar a técnoloxía coñecida como “fracking” no noso país. O “fracking” ou fracturamento hidráulico é unha tecnoloxía desenvolta para a obtención de gas natural en xacementos que non poden ser aproveitados polas técnicas habituais de extracción. No proceso empréganse máis de 500 produtos químicos diferentes, moitos deles canceríxenos e mutaxénicos. Os impactos abranguen verteduras ao ar e no medio acuático pero tamén contaminación do subsolo, desfeita da paisaxe e mesmo tremores de terra. Moitas persoas que residan nos teritorios con pozos de “fracking” deberán abandonalos pola insalubridade destas técnicas.
As técnicas de fractura hidráulica profunda para a obtención de hidrocarburos poderían supor unha das maiores agresións contra o ambiente e a saúde dos galegos/as. Esta tecnoloxía emprega máis de 500 produtos químicos distintos, algúns deles con graves efectos para a saúde humana e ambiental: espumantes, gases comprimidos, ácidos, poliacrilamida para reducir a fricción ou xelificantes con compostos aromáticos (derivados do benceno), organo-metálicos e outros compostos canceríxenos e mutaxénicos.
Malia a que os xacementos susceptíbeis de seren explotados non son tan abondantes como noutros lugares do estado, a densidade de poboación en Galiza é moi superior a de outras áreas damnificadas por estas prácticas. Alén disto, os principais depósitos de gas susceptíbeis de seren aproveitados por estas técnicas poderían atoparse nos fondos das rías e ao longo da plataforma continental galega.
Nas áreas produtoras de gas natural, as técnicas de “fracking” son o último recurso que aplican as multinacionais da enerxía para acabar de espremer un xacemento, que logo abandonan para continuar o seu labor depredatorio noutra área deixando o territorio devastado e inzado de refugallos tóxicos.
A Xunta de Galiza, como noutras ocasións, volta a poñerse aos pés das multinacionais entregando o noso territorio ao capital especulativo para que as súas contas de beneficios engorden a costa da desfeita ambiental e social. Está por ver se Feijóo, Tahoces e compaña non rematan a súa carreira política nos consellos de administración dalgunha destas empresas, tal e como aconteceu con González, Aznar, Solbes…
A Xunta de Galiza debería tomar exemplo do governo de Cantabria (PP) que vén de aprobar un acordo para buscar fórmulas legais que impidan o desenvolvemento destas técnicas no seu territorio. Dende ADEGA facémonos eco do acordo da nosa 37 Asemblea e esiximos da Xunta o veto ao “fracking” en Galiza, seguindo o exemplo do governo cántabro.
Estas prácticas depredadoras son a confirmación de que a actual crise ten tamén unha forte compoñente ambiental: Todo vale para espremer até o último gramo de ouro, gas, coltán… a costa de envelenar a terra e a xente. Despois, a colonizar outro territorio deixando a terra erma e os petos dos especuladores e políticos corruptos cheos.
Ligazóns de interese:
http://fracturahidraulicano.info/
http://frackingezaraba.org/
http://navarraantifracking.blogspot.com.es/
http://frackingteruel.blogspot.com.es/






Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



