A falta de interese e de implicación do executivo local, presidido polo alcalde nacionalista Fernándo Suárez, tería privado a 45 veciños desempregados dun contrato de seis meses de duración
BALSEIRO INTÉRESASE NO PARLAMENTO POLOS ERROS DA ALCALDÍA DE RIBADEO QUE SUPUXERON A PERDA DO OBRADOIRO DE EMPREGO
O deputado popular quere que a Xunta confirme se o Concello non entregou en tempo e forma a documentación requirida para optar a ser beneficiario desta subvención
Segundo José Manuel Balseiro, no actual contexto de crise a sociedade esixe que se adopten medidas efectivas para reducir o desemprego “algo que parece ter esquecido ou non dar moita importancia o alcalde nacionalista”
Santiago 14 de decembro de 2012.- O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que se interesa polos erros que puido ter cometido a Alcaldía do Concello de Ribadeo e que levaron á perda do obradoiro de emprego.
O parlamentario popular quere esclarecer si, tal e como ten transcendido en diversos medios de comunicación, o Goberno local que preside o nacionalista Fernándo Suárez non remitiu en tempo e forma -e fíxoo de xeito incompleto- a documentación requirida pola Xunta de Galicia para continuar co expediente de concesión desta subvención.
PERDA IRREPARABLE
Balseiro lamenta que a “falta de interese, de implicación e de sensibilidade” do executivo local nacionalista teña privado así a un número importante de persoas desempregadas deste municipio da oportunidade de participar durante seis meses nun obradoiro de emprego. De feito, o proxecto propoñía que 45 persoas desempregadas e veciñas desta localidade puideran beneficiarse destas contratacións.
O deputado popular indica que de confirmarse estas sospeitas a negativa do actual alcalde de enviar a documentación solicitada en tempo e forma supuxo unha “perda irreparable” sobre todo nos tempos que estamos a vivir. Segundo Balseiro, no actual contexto de crise a sociedade esixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas que axuden a reducir o desemprego, “algo que parece ter esquecido ou que non valora o suficiente o alcalde nacionalista de Ribadeo”.
Nesa mesma liña, Balseiro lamenta que desde o Executivo local non se teña ofrecido unha explicación que xulga “imprescindible” e xustifica neste silencio o motivo polo que presentou unha iniciativa parlamentaria. “Será a Xunta quen nos aclarará que pasou con este expediente, quen ofrecerá luz e taquígrafos sobre o que fixo mal ou deixou de facer o alcalde e que levou a perder a oportunidade de ter estas contratacións”-dixo o deputado.
APOIO DA XUNTA AOS DESEMPREGADOS
Os obradoiros de emprego son programadas financiados pola Xunta e que deben ser promovidos polas entidades locais. Están dirixidos a mellorar as posibilidades laborais das persoas desempregadas de vinte e cinco ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional e da adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social
A situación de Ribadeo contrasta coa que existe noutros concellos da comarca da Mariña lucense nos que, tras tramitar correctamente a súa solicitude e obter a correspondente puntuación hoxe poden gozar desta importante vantaxe impulsada pola Xunta de Galicia como medida de apoio ás persoas desempregadas. É o caso dos concellos de Mondoñedo, Burela, Foz, Cervo, Alfoz ou Valadouro, entre outros.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



