A VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE RIBADEO COLABORAN NA PRESTACIÓN DE MATERIAL ORTOPROTÉSICO PARA PERSOAS CON AUTONOMÍA LIMITADA
A posta en marcha deste proxecto supón un investimento de 10.000 euros que asume a Área de Benestar Social do ente provincial
Veiga destaca a importancia desta iniciativa fronte ao copago de materiais ortoprotésicos imposto polo Goberno do Estado
Ribadeo, 8 de xaneiro de 2012. Os veciños e veciñas de Ribadeo que presenten unha limitación da autonomía persoal moderada ou severa que xustifique a necesidade de axuda técnica no ámbito domiciliario terán á súa disposición o programa de préstamo de material ortoprotésico posto en marcha pola área de Benestar Social da Vicepresidencia da Deputación e o concello.
A través dun convenio de colaboración, dotado con 9.655,22 euros, a institución provincial e o concello crearon este banco de recursos ortoprotésicos co que se pretende incrementar a calidade de vida deste colectivo minimizando a incidencia de problemas de saúde tanto no paciente como nas persoas coidadoras no ámbito domiciliario.
Este proxecto bota a andar con 6 andadores plegables con rodas, 6 pares de varandas plegables, 8 asentos de bañeira xiratorios, 12 colchóns antiescaras, 3 camas completas, con motor, varanda e colchóns; 5 grúas e 2 cadeiras de ducha con rodas, pero dende o Concello de Ribadeo non descartan que este fondo se vaia incrementando paulatinamente con novas achegas ben por compra, ben por doazóns de particulares.
Segundo explicou o vicepresidente da Deputación e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, que visitou o almacén municipal onde se atopa todo o material adquirido, “este proxecto pretende organizar os préstamos deste material a pacientes con limitacións moderadas ou graves na súa autonomía persoal e con recursos económicos limitados; sempre coa finalidade de facilitar ás persoas coidadoras as tarefas de atención dos pacientes no domicilio, e a mellora da súa calidade de vida”.
Neste senso, Veiga insistiu en que “esta iniciativa cobra un especial interese ao ter en conta que a aplicación do Real Decreto Lei de medidas urxentes, posto en marcha polo Goberno do Estado para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e que afecta tamén e na mesma medida que aos medicamentos, á xestión de materiais ortoprotésicos, instaura o copago, en función da renda, para a práctica totalidade da poboación”.
“Con este programa de préstamo de material ortoprotésico demóstrase a diferenza entre as políticas da Vicepresidencia da Deputación e os Gobernos central e galego e o compromiso de cada un co benestar das persoas en risco de exclusión social. Dende a área de Benestar Social estanse a adoptar medidas coas que intentamos paliar as consecuencias da política de recortes que está a exercer a Xunta de Galiza nesta materia, e que pode pór en perigo a continuidade do convenio que existe actualmente entre Sanidade e a Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galiza, grazas ao cal se garante que ningún paciente do Sergas aboe máis de 36 euros por calquera prestación ortoprotésica”, concluíu Veiga.
Fernando Suárez Barcia lembrou que “esta iniciativa que nos honra levar adiante, xa a levábamos no noso programa electoral, pero si cadra nestes momentos difíciles para moitas familias vai ser benvido. De feito moitas familias nestes últimos tempos, aínda sen saber que nós estabamos a traballar neste banco, preguntáronnos. Estamos seguros de que terá unha boa acollida”.
Ao acto desta tarde acudiron o vicepresidente da Deputación e responsable da Área de Benestar Social, Antonio Veiga, e a concelleira de Servizos Sociais de Ribadeo, Teresa González Piñeiroa.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



