Lourenzá, 17 de agosto de 2026. O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa esta semana cunha nova proposta “pensada para gozar do verán, facer actividade física e compartir un bo momento en comunidade”. Este mércores, día 19 de agosto, ás 20:00 horas, a Praza do Conde Santo acollerá unha sesión de zumba ao aire libre, “unha actividade dinámica e divertida aberta a todos os públicos”, anuncia a alcaldesa, Rocío López García.
O Concello de Lourenzá explica que “baixo o lema Baila, desfruta e sente a enerxía!, a proposta combina música, movemento e exercicio físico nun ambiente ao aire libre, convidando á veciñanza e ás persoas que visitan o municipio a participar e desfrutar dunha tarde diferente. Non é necesario ter experiencia previa: a actividade está pensada para todos os públicos e permite participar ao ritmo de cada persoa”.
Desde o Concello de Lourenzá animan á veciñanza a sumarse a esta iniciativa e a aproveitar as actividades do Verán na Praza, “un programa que aposta pola música, a cultura, a tradición e a participación como elementos de encontro e convivencia”.
O Concello de Lourenzá agradece especialmente ao Grupo de Zumba de Lourenzá a organización desta actividade e a súa implicación “para contribuír a dinamizar o verán e fomentar hábitos de vida activa entre a veciñanza”. E anima a participar: “ven, móvete e pásao ben!”.






















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



