O BNG DE CERVO ACUSA AO GRUPO MUNICIPAL DO PP DE CERVO DE PREOCUPARSE UNICAMENTE DAS SÚAS RETRIBUCIÓNS ECONÓMICAS AO REXEITAR AS EMENDAS DO BNG AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA 2013.
Cervo, 11 de xaneiro de 2013. O BNG acusou ao goberno municipal de escudarse en informes técnicos erróneos e superábeis para tomar a decisión política de tombar na Comisión de Contas as emendas presentadas polo GMBNG. O nacionalistas argumentaron que ao goberno local so lle preocupa manter as súas retribucións económicas non canto de dedicar os seus esforzos a mellorar e garantir os servizos sociais e apoiar ao pequeno comercio e a hostalaría local tal como defende o BNG nas súas emendas que en calquera caso irán ao debate do pleno do vindeiro martes.
O PP AGÓCHASE DETRÁS DE INFORMES DE INTERVENCIÓN ERRADOS E SUPERÁBEIS.
O portavoz municipal do BNG, Xoán Antón Estúa pediulle ao PP que “non utilice os servizos de intervención para agochar decisións puramente políticas” á hora de argumentar a negativa a aceptar as emendas do BNG aos orzamentos municipais 2012. Neste sentido avanzou que no pleno do martes onde se debaterán as emendas presentadas “desmontará cada un dos tres argumentos incluídos no informe de Intervención no que se sustenta a negativa do PP” e recriminou a manipulación exercida polo alcalde sobre os servizos de Intervención municipal que deben ter unha actitude imparcial e non partidaria.
AS EMENDAS DO BNG MELLORAN OS PETOS DA XENTE E EMPEORAN OS DO GRUPO DE GOBERNO.
Estúa deixou claro que as emendas contra os orzamentos municipais para 2013 “melloran os petos da xente e empeoran os do grupo de goberno, e iso é o que o PP non permite” . Estúa lembrou que o que “o PP impide é unha rebaixa nas taxas do Punto de Atención Infantil e Escolas Deportivas, mellorar os servizos de Axuda no Fogar coa contratación de mais persoal, multiplicar por dous o orzamento en emerxencia social e dotar economicamente un fondo de apoio ao pequeno comercio e a hostalería local.” O nacionalista insistiu en que “o orzamento municipal debe estar ao servizo da xente e non de manter as prebendas económicas do grupo de goberno.”


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



