RIBADEO CONMEMORARÁ O VINDEIRO 2 DE FEBREIRO O DÍA DOS HUMIDAIS CUNHA RUTA ORNITOLÓXICA E CUNHA CHARLA.
Ribadeo, 24 de xaneiro de 2013. O vindeiro 2 de febreiro, as Concellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo celebrarán o día mundial dos humidais con varias actividades e co obxectivo de dar a coñecer e divulgar o valor ecolóxico que posúe a ría. Horacio Cupeiro sinalou que “unha calidade ambiental que fixo posible converter a ría nun refuxio para multitude de aves procedentes moitas delas do norte de Europa”.
A conmemoración iniciárase ás 10 da mañá cunha ruta de iniciación á ornitoloxía pola ría de Ribadeo guíada por Enrique Sampedro autor do blog ría de Ribadeo. O edil de Medio Ambiente dixo que “iremos en autobús e faremos varias paradas para observar os paxaros que neste momento invernan ou paran para alimentarse na súa ruta migratoria”. Para participar na ruta será preciso apuntarse previamente na oficina de Turismo directamente ou chamando aos seguinte número de teléfono 982 128 689. Haberá un total de 25 prazas.
O mesmo 2 de febreiro pola tarde a partires das 18:30 horas terá lugar unha charla sobre a importancia ornitolóxica de Ribadeo e a presentación do libro ¿Para qué sirven las aves? a cargo de Antonio Sandoval Rey, que é escritor, divulgador ambiental e socio fundador da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Horacio Cupeiro anima “a que a xente acuda a esta cita. Noutras ocasións xa fixemos algunha ruta similar, que resultou ser un auténtico éxito porque a xente desfruta moito da cantidade de aves que hai na ría”.
Coa celebración desta xornada o Concello de Ribadeo quere promover o desenvolvemento sostible, baseado na conservación da biodiversidade que habita nestos espazos, conservar os seus valores naturais así como aproveitar a oportunidade de poñer en valor a súa riqueza natural de cara a favorecer dinámicas de turismo sostible que supoñan unha mellora de vida nas condicións de vida das persoas.
























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



