Unifoz, ten que denunciar a situación de ABANDONO , a que nos ten sometido este Goberno do PP de Foz, que semella se dilúe ante as dificultades, un goberno presidido polo sr Castiñeira, onde a prepotencia e chulería lle sigue xogando malas pasadas, e non lle deixa ver o camiño do diálogo e a humildade, aos incidentes xurdidos fai un tempo cun veciño de San Acisclo, despois cun hostaleiro de forma caprichosa, vemos en estes días un lamentable episodio cun industrial, que sen entrar no fondo da cuestión, nin as formas, si temos que lamentar a imaxe que está causando ao noso pobo, e que a incompetencia do Sr Alcalde non é quen de dar solucións aos problemas que el mesmo provoca.
Ante unha dimisión anunciada, coma a do Sr Pavón a quen queremos agradecerlle os servizos prestados, ao día de hoxe aínda non se coñece que será a persoa que se ocupe do posto de concelleiro/a nin da delegación de s.sociais.
Mentres todo isto pasa no Concello, os veciños vemos o abandono no mantemento de alumeado ,como se pode ver na imaxe xunta, onde a falta de protección pode provocar graves consecuencias.
Así mesmo, e a pesar de que Unifoz xa o denuncio fai días , ao día de hoxe aínda non se corrixiu a situación dos basureiros incontrolados na parroquia de Fazouro.
Os taboleiros para colocar anuncios nas parroquias están totalmente desfeitos, pola falta de mantemento e reposición dos mesmos.
Os sumidoiros seguen se limpar, e como mostra se poden ver os da rúa Alvaro Cunqueiro.
Si fai tempo dende UNIFOZ, pedimos unha campaña de colaboración cidadá para combater a situación de asaltos domiciliarios e de comercios,, este goberno segue mirando para outro lado.
Queremos pedirlle a este goberno se preocupe menos das festas e algo máis do coidado do pobo e atención os cidadáns.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



