O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou como quedará o goberno municipal trala entrada na corporación do novo concelleiro do Partido Popular, Ánxel Paleo, que se ocupará das delegacións de Cultura, Deportes e Festexos.
Castiñeira explicou que “unha vez recibidas as credenciais dos novos concelleiros tanto do Partido Socialista como do Partido Popular decidíronse as novas áreas do equipo de goberno. Despois do cese de Manuel Pavón, que era o primeiro tenente de alcalde e tiña ás áreas de Sanidade e Servizos Sociais, coa entrada de Ánxel Paleo houbo que reorganizar todas as áreas para adaptalas as calidades e a dedicación de cada concelleiro”.
O rexedor municipal deu a coñecer que “a nova distribución queda da seguinte maneira: como primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín, home de experiencia e actual concelleiro de Medio Rural e que vai quedar con esta delegación; segunda tenente de alcalde, Mercedes González, que antes estaba nas áreas de Cultura, Deporte, Festas, Muller e Xuventude e agora collerá as que tiña Manuel Pavón, posto que como farmacéutica e profesional sanitaria creo que é a persoa máis axeitada e levará a área sanitaria e a de Asuntos Sociais e quedarase tamén con Muller e Xuventude; como terceira tenente de alcalde, Mayte López Rego, que era e seguirá sendo a concelleira de Medio Ambiente, Comercio e Economía; e a novidade é que Ánxel Paleo, que se integra ao novo grupo será o cuarto tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Deportes e Festexos. Este será o grupo de goberno que estará aí durante estes próximos anos no Concello de Foz”.
Castiñeira valora este novo goberno de maneira “moi positiva” e comentou que se trata de “aproveitar a veteranía de Pedro Fernández Manín no ámbito político, porque xa no seu momento foi portavoz do grupo popular na oposición, para exercer de primeiro tenente de alcalde, ese oco que deixou Manuel Pavón. E aproveitar sen dúbida a ilusión, as ganas de traballar e o sacrificio dunha persoa, que así o ten demostrado en moitos ámbitos da súa vida, como é Ánxel Paleo, unha persoa moi activa e eu creo que vai facer un traballo moi bo nas áreas de Cultura, Festexos e Deportes. Dende logo esta reestruturación vai afectar moi positivamente tamén á área de Asuntos Sociais, posto que Mercedes é unha persoa que está no mundo sanitario e dos asuntos sociais e como
muller tamén ten moito que facer nesta concellería”.
“Estamos moi contentos con esta reestruturación e con moitísima ilusión. Esperemos que os cidadáns tamén o vexan así”, manifestou o alcalde de Foz.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



