
O sábado, día 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Alfoz, celebrouse unha gala benéfica para recadar fondos en favor de Cáritas. O Salón de Actos presentou unha media entrada e recadáronse preto de 350 euros, que irán destinados a axudar á xente dos contornos. Na organización deste evento colaboraron o Concello de Alfoz, Cáritas, o Grupo Trípode e Tono Alonso. Para empezar a gala o cantante Tono Alonso, director do Colexio Martínez Otero de Foz, interpretou varias cancións versionando poemas de diversos poetas galegos, algunhas cancións populares e outros temas coa súa estupenda voz e acompañado da súa guitarra. Seguidamente o grupo humorístico Trípode puxo en escea a súa comedia “Cursiño de primeiros auxilios”. No intermedio entre ambas actuacións membros de Cáritas pasaron recollendo os donativos dos asistentes.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



