PORTOS DE GALICIA REDUCIU O CONSUMO DE ELECTRICIDADE NOS PEIRAOS DA COSTA CANTÁBRICA NUN 47,8% AO LONGO DE 2012
Santiago, 17 de febreiro de 2012.- Portos de Galicia conseguiu reducir unha media dun 47,8% o consumo de enerxía eléctrica nas dársenas da costa cantábrica durante o ano 2012 coa posta en funcionamento da primeira fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. A Zona Norte, entre Ribadeo e Ares, foi a franxa litoral que rexistrou un resultado máis favorable no balance do plan posto en marcha polo ente público o pasado ano.
O Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética establece a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nas zonas portuarias de menor tránsito, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios.
Os datos obtidos ao peche de 2012 revelan o éxito da medida, que se traduciu nun aforro de case a metade do gasto eléctrico na citada franxa litoral. A contención do gasto de electricidade é especialmente reseñable en peiraos como os do Vicedo no que se reduciu un 63,7%, na pasada anualidade; a zona de marina seca Ribadeo, que baixou un 63,4%; o peirao de Espasante (Ortigueira), cun aforro do 62,2%; ou o porto pesqueiro de Burela, cun 59,6%.
A maiores do recorte no gasto, esta medida é un novo factor cualitativo de cara á solicitude da certificación europea de calidade e sostibilidade ambiental EMAS que Portos de Galicia está a tramitar para a os peiraos da costa cantábrica e que pretende estender ao conxunto do litoral galego. O plan de aforro permite reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalacións.






















Terá lugar este venres 29 de maio ás 17:30 horas no Local Social da rúa Enrique Guzmán. A primeira mesa, dedicada aos diferentes modelos de obter beneficio, contará con Fernando Branco Parga e Quico da Silva do Colectivo Bidán, e co deputado Xosé Manuel Golpe, baixo a moderación da concelleira Paula Gómez. A segunda mesa abordará os beneficios para a veciñanza no desenvolvemento da enerxía eólica en Muras, con intervencións da deputada Olalla Rodil, do deputado Daniel Castro e do alcalde Manuel Requeixo, moderados pola concelleira Azucena Camba.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.



