O sábado día 23 de febreiro, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar unha mesa redonda sobre os rapaces emprendedores. Unha xornada organizada polo Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro), en colaboración co Concello de Alfoz. A mesa redonda estará moderada por Xabier Pardiñas, presidente do SEVA, e nela participarán rapaces da zona que abriron negocios recentemente, como Amparo Vizoso (psicóloga, que abriu recentemente un gabinete psicolóxico en Alfoz), Rubén García (que vén de comezar cunha produtora de cine), entre outros. Trátase de reflexionar sobre a importancia de atreverse a abrir negocio propio nunha época caracterizada pola crise económica.
Mesa redonda sobre emprendedores na Casa da Cultura de Alfoz
Mesa redonda sobre emprendedores na Casa da Cultura de Alfoz
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional