O Burela FS Pescados Rubén venceu (1-4) con autoridade na complicada pista do Soto do Real e mantén o coliderado co Atlético de Madrid Navalcarnero, que sufriu un serio correctivo nesta pista. A escuadra dirixida por Javier Pardeiro manexou o partido con solvencia e intelixencia ante a defensa zonal proposta polo conxunto madrileño. Peque iniciou a conquista cun gol, no minuto 2, que silenciou o pavillón madrileño, desactivando a intensidade local. As galegas alternaron a presión alta e a defensa en media pista sorprendendo a un Soto do Real que se quedou sen argumentos ofensivos. Polo contra, o Burela Pescados Rubén xeraba claras ocasións pero ata o minuto 15 non chegou o 0-2. Lidia fusilou a meta local, tras unha xogada de estratexia, danando seriamente a esperanza madrileña e dando paso a un festival laranxa de ocasións que certificaron Lucía e Dany, ambos tras pase de Peque, co terceiro e cuarto tanto respectivamente. Co 0-4 chegouse ao descanso e na continuación, agás algúns momentos de coraxe local, o Burela Pescados Rubén xestionou o xogo á perfección e gozou de ocasións para aumentar a súa cómoda renda, aínda que sen acerto na definición. A cinco minutos para o final, o Soto puxo en liza o xogo de cinco e no primeiro intento case recibe o quinto tras un disparo de Jozi que se estrelou no traveseiro. A dous minutos do final, chegou o tanto da honra local por mediación de Laura e co 1-4 chegouse ao desenlace dun gran partido da burelesas.
Ficha técnica
Soto del Real: Elena; Marta, Chili, Patri y Laura Jiménez (quinteto inicial). También jugaron, Pitu, Nerea, Vane, Taira e Ana Ferif.
Burela Pescados Rubén: Jozi; Lidia Mesías, Dolo, Peque y Lucía Nespereira. (quinteto inicial). También jugaron, Dany, Haydée e Maite.
Goles: 0-1, min. 2 Peque; 0-2, min. 15 Lidia; 0-3, min. 17 Lucía; 0-4, min. 19 Dany; 1-4, min. 38 Laura Jiménez.
Pabellón Municipal. Contreras Tejedor e Pérez Álvarez do colexio castelán-leonés. Amonestaron con cartón amarelo a Pitu no Soto del Real e a Maite do Burela Pescados Rubén.