Lugo, 26 de marzo 2013. O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a moción presentada polo Grupo do Bloque Nacionalista Galego na que se solicitaba iniciar o expediente para a retirada das honras outorgadas pola institución coa concesión da Medalla de Ouro ao ex director xeral de Caixa Galiza, José Luis Méndez López.
En decembro de 2003, a Deputación aprobaba, tamén por unanimidade, concederlle a Medalla de Ouro, máxima distinción da provincia, ao entender que a entidade financeira que dirixía Méndez López aportaba á provincia, vía impostos e a través da Obra Social, importantes recursos para o financiamento de proxectos e convenios de colaboración. Dez nos despois, coñecida a súa neglixente xestión ao fronte de Caixa Galicia, a Corporación Provincial vén de revocar aquela decisión e acordar iniciar as accións administrativas pertinentes para a retirada de dita distinción.
O portavoz nacionalista e delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, sinalou, durante a súa intervención, que “unha persoa que sobreendebedou a entidade que dirixía pola súa excesiva exposición ao sector inmobiliario, que é corresponsábel do deseño e comercialización de participacións preferentes e capital subordinado, instrumentos que serviron para enganar a milleiros de galegos e galegas aos que lles roubaron os seus aforros e que, en plena recesión económica, percibiu unha cuantiosa xubilación, non pode gozar de tan importante distinción. José Luis Méndez non é merecedor da Medalla de Ouro da Deputación de Lugo.”
“Debatemos esta moción – continuou Outeiro- nuns días nos que o señor Méndez é aínda máis responsábel da situación económica e social que atravesa o país e da desesperación de milleiros de galegos e galegas que non recuperarán o cento por cento dos seus aforros e que van ser vítimas dunha segunda estafa ao converterse as participacións preferentes en accións dunha entidade que está arruinada e que,polo tanto, non teñen valor negativo. O que se está vivindo en Chipre coas condicións do rescate da Unión Europea non dista moito do que está sucedendo en Galiza, onde hai máis de máis de 2.000 millóns de euros atrapados en participacións preferentes.”
Comedores escolares
Os socios de Goberno votaron a favor da moción na que o Grupo Provincial do BNG solicitaba instar á Xunta de Galiza a non establecer o copago no servizo de comedores escolares e a garantir que este servizo sexa gratuíto para o alumnado de infantil e primaria con poucos recursos económicos.
Durante o debate, Mario Outeiro acusou ao Partido Popular de “por en xogo o dereito á educación en canto por trabas ao acceso ao comedor escolar ou ao transporte escolar contribúen a deteriorar a educación pública de calidade” e afirmou que “co copago dos comedores escolares 4.000 rapaces e rapazas lucenses pagarán unha media de 100 euros ao mes para poder acceder a este servizo de comedor. A pesar de que a taxa de paro segue subindo, da redución de salarios e do incremento de impostos, a Xunta carga sobre as economías familiares un servizo máis que, ademais, é fundamental para o desenvolvemento dos escolares e para a conciliación da vida laboral e familiar.”
“Estamos de acordo –concluíu o deputado- que os que máis teñen deben pagar máis, pero vía impostos e non mediante o repagamento de servizos.”



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



