A Sala Castelao acolle este venres e sábado novas actuacións en directo. A primeira desenvolverase este venres 15 de marzo ás once da noite co monólogo de Alberte Contador, un humorista quirogués que colabora coa produtora El Terrat de Buenafuente e en Tourilandia e pretende destripar tópicos, lendas, contos e outras historias. O sábado a partir das doce da noite actuarán Los Mecánicos, un trío de mozos experimentados na música que ofrecerán un concerto de hora e media no que combinan temas de Small Faces, The Beatles ou The Kinks con grupos hispanos coma Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos. As entradas a cada unha das actuacións custan 5 euros.
Alberte Contador e Los Mecánicos na Sala Castelao
Alberte Contador e Los Mecánicos na Sala Castelao
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón