A décimo oitava tirada desta temporada da Liga de Bolos de Xove desenvolveuse nunha tarde agradable e cunha excelente participación de 40 inscritos.
Liga Senior Masculina.- Ao final non houbo sorpresas, e Arturo Vigo, por un marxe de dous puntos, impúxose a José Rafael González na auténtica final deste campionato, disputada moi duramente entre os dous xogadores con mellor palmarés no historial deste campionato que xa acada os 24 anos. A incomparecencia de Carlos Javier Rodríguez por enfermidade, fixo que Sócrates Campo acadara finalmente a terceira praza do podium final. Arturo Vigo, como primeiro clasificado con 131 puntos fíxose, pois, co trofeo e un premio de 200 euros. José Rafael González acadou a segunda posición con 129 puntos polo que recibiu un trofeo e un premio de 150 euros. Sócrates Campo completa o podio con 118 puntos que lle permiten facerse cun trofeo e un premio de 100 euros.
En canto á mellor bolada do campionato, tamén foi para Arturo Vigo con 98 tantos, obtidos o pasado 20 de outubro no Centro Social de Monte; aínda que a tivo que desempatar con Jordi Meitín, que tamén tiña 98 tantos.
Dentro da Liga Sénior Masculina, esta temporada e por primeira vez, tiña un apartado con premios aos tres seniors maiores de 60 anos que quedaran mellor clasificados na xeral. Neste caso, dentro dos maiores de 60 anos, José Baño fíxose co primeiro premio dotado con 75 euros e un trofeo. Arturo Rodríguez alcanzou a segunda posición nesta categoría e fíxose cun trofeo e 50 euros, mentres que José González, pechando o podio, se fixo cun trofeo e un premio de 25 euros. Pola súa banda, Modesto Albo, de 83 anos, fíxose co trofeo ó xogador máis veterano.
Liga Senior Feminina.- Nesta categoría hai que salientar a confirmación de Dolores Baño como terceira no podium final, praza á que accedeu a pasada semana grazas aos puntos obtidos en Morás. Concepción Piñeiro, que optaba a esa terceira praza, non foi capaz de puntuar, polo que se quedou coa cuarta praza final. Así, Carmen Roca encabeza o podio seguida de Belén Meitín e Dolores Baño que recibiron cadanseu trofeo e un premio en de 90, 75 e 50 euros, respectivamente.
A mellor bolada de todo o campionato foi para Dolores Baño con 69 tantos, obtidos o pasado 23 de febreiro na bolera do Centro Social de Vilachá; aínda que tivo que desempatar tamén con Carmen Roca. Concepción Piñeiro e Salomé Bermúdez sitúanse na cuarta e quinta posición, respectivamente, onde tamén recibiron premio.
Liga Sub 18.- Todo estaba decidido nesta liga, xa que os cinco primeiros postos que dan opción a premio en metálico e trofeo xa estaban confirmados de antes. Daniel López con 97 puntos alcanzou a primeira posición que conta cun trofeo e un premio de 90 euros. Salomé Cardoso recibiu 75 euros e un trofeo pola segunda posición; mentras que o seu irmán Isaías se fixo coa terceira praza, un premio de 50 euros e un trofeo. Lara Rodríguez e Isabel Cociña completan os premiados da categoría ó alcanzar a cuarte e a quinta posición, respectivamente. A mellor bolada caeu finalmente en Daniel López con 71 puntos, obtidos en Morás o pasado 2 de marzo.
Entrega de premios
O alcalde Demetrio Salgueiro presidiu a entrega de premios onde agradeceu a todos e todas as xogadoras, a súa participación nesta competición de deporte popular autóctono, que dende hai 24 anos ven organizando o Concello. Esta edición contou coa colaboración do IES Illa de SArón para as Xornadas Iniciais de Promoción dos Bolos, e tamén co Club de Bolos Xove, do que forman parte a maioría dos xogadores e xogadoras que participan neste campionato.
Como remate desta temporada, o vindeiro SÁBADO 16 DE MARZO, a partir aproximadamente das tres e media da tarde, vai ter lugar no centro social de Sumoas a X COPA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
