O auditorio Hernán Naval acollerá a proxección do filme ‘O Apóstolo’ o mércores 27 de marzo a partir das cinco e media da tarde. Trátase da primeira película de animación europea stop-motion en 3D que foi dirixida por Fernando Cortizo e que conta coa participación de Luís Tosar, Geraldine Chaplin, Carlos Blanco, Paul Nauschy, Xosé M. Oliveira “Pico” ou Celso Bugallo. Ademais, obtivo o Grande premio do xurado en Fantasporto – o festival de cine fantástico do Porto- , premio á mellor banda sonora e do público na XXII Mostra de Lisboa, primeira obra de animación seleccionada para participar na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Moscova e ultimamente foi nominada en dez categorías dos premios Mestre Mateo. O prezo da entrada será de 2,50 euros.
O Apóstolo en Ribadeo
O Apóstolo en Ribadeo
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional