O grupo de Montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza a ruta do Fayedo de Ciñera polas montañas leonesas. A ruta transcorrerá polo camiño que comunicaba Ciñera coa aldea de Villar del Puerto. Tamén se adentrarán no coñecido monte do Faedo para contemplar exemplares de fayas. Despois de Coladilla acabarán o percorrido nas Cuevas de Valporquero. A cita será o sábado 23 de marzo. Para inscribirse é preciso contactar con 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva) ata do xoves 21 de marzo. O prezo da actividade será de 3 euros para os socios colaboradores, 5 para os non colaboradores e 12 para os que non son socios. As prazas son limitadas.
O grupo de montaña de Tapia organiza a ruta do Fayedo de Ciñera
O grupo de montaña de Tapia organiza a ruta do Fayedo de Ciñera
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón