O portavoz do Mar, José Manuel Balseiro, lembra que o Goberno galego e o español manteñen abertas todas as vías de diálogo co sector ao obxecto de atopar solucións no marco dos proceso de reforma das normativas comunitarias.
Escaseza de cotas, uso do diario electrónico de abordo, normativa sobre pesaxes e carné por puntos son aspectos que serán avaliados no Parlamento a proposta do Grupo Popular.
Pregunta tamén sobre a xestión da pesqueiría da xarda logo de que as posibilidades de pesca para este ano víranse notablemente reducidas como consecuencia da imposición dunha sanción por sobrepesca que data do ano 2010.
Santiago, 5 de febreiro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha pregunta no Parlamento de Galicia para interesarse polas xestións desenvolvidas pola Xunta de Galicia en apoio da flota galega do litoral e ante as problemáticas xurdidas nas últimas semanas.
O deputado popular lembra que veñen de producirse diversos paros da flota de litoral galega coincidindo co inicio da campaña da xarda, amarres que, segundo aduciron, son consecuencia do malestar que provocan no sector problemas endémicos como a escaseza de cotas para España ou outros como a nova normativa sobre o uso do Diario Electrónico de Abordo (DEA), sobre a pesaxe das capturas embarcadas ou sobre o novo sistema coñecido como “carné por puntos”. Precisamente todos estes son aspectos que serán avaliados no Parlamento galego a proposta do Grupo Popular.
CAMPAÑA DA XARDA
Balseiro lembra que, malia que en 2013 España dispón de máis cotas que o ano pasado, temos o problema engadido de que hai que pagar o sobrepasamento das cotas do ano 2010. “No caso da xarda, se están pagando as consecuencias dunha mala política de control do ano 2010 que leva a reducir dun xeito drástico as posibilidades de pesca na actual campaña, que incluso ten finalizado prematuramente”, apunta o deputado popular, quen se interesa pola opinión da Xunta en relación coa xestión desta pesqueiría.
Finalmente, Jose Manuel Balseiro quixo lembrar que, como non podía ser doutro xeito, a Consellería do Medio Rural e do Mar e o propio Ministerio manteñen abertas todas as vías de diálogo co sector ao obxecto de atopar solucións que puideran ser satisfactorias, tendo en conta, ademais que moitos dos aspectos teñen que ver coa aplicación de normativas comunitarias, en pleno proceso de renovación.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



