No último pleno ordinario celebrado o día 21 de marzo quedou demostrado que o equipo do PP non traballa para favorecer ós veciños.
Este equipo convoca un pleno ordinario con nove puntos a tratar dos cales sete son de carácter administrativo. Os dous restantes tratan de (1)modificar compromisos asumidos polo concello en relación coa creación da escola infantil e (2) de aprobación do anteproxecto do encauzamento do rio Perdouro.
No seu día o grupo do PP aprobou en solitario un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a creación dunha escola infantil de 0-3 anos. Neste convenio o equipo de goberno comprometíase a poñer á disposición, libre de impostos e gravames, de tódolos terreos necesarios, con usos urbanísticos, para a normal execución das obras, así como os correspondentes permisos e autorizacións necesarias para levala a cabo, sen prexuízo de que a efectiva dispoñibilidade destas deberá acreditarse con anterioridade á adxudicación da obra.
Comprométese, tamén, en consignar nos orzamentos do 2013 116.197,55 euros correspondentes ao 20% do custe de actuación, así como o compromiso de consignar o 20% restante da total aportación municipal (40%) nos orzamentos correspondentes.
Por último asume o compromiso expreso do concello de Burela de subscribir un convenio de xestión, que non supoña incremento de gasto para a Xunta de Galicia, co obxecto de atender os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.
Neste punto o grupo municipal socialista votou en contra por considerar que é un mal convenio para o noso concello, xa que hai que poñer terreos con todos os permisos á disposición, pagar o 40% da obra e facerse cargo do mantemento. É un mal convenio por que estas obras debe asumilas directamente a Xunta xa que é unha responsabilidade directa. Con este convenio hipotecase a economía dos veciños de Burela. Por outro lado, que nosoutros saibamos, non hai terreos para poñer á disposición da execución das obras. E o peor de todo é que a Xunta non asignou un só euro para levar a diante este proxecto.
Para ocupar espazo na orde do día do pleno o grupo do PP leva para a súa aprobación un anteproxecto para o encauzamento do río Perdouro, xustificando que é unha obra para facer un aparcamento para usuarios do hospital.O anteproxecto valora a obra en 1.2 millóns de euros.
Considerar agora esta obra é un insulto ós veciños de Burela. En primeiro lugar non é unha obra urxente, en segundo lugar non hai un só euro para asignarlle e en terceiro lugar faise este anteproxecto considerando que o Plan Xeral é definitivo cando aínda esta en trámites. Segundo recoñeceron no pleno (os do PP) esta obra está a anos vista o que demostra que se gastaron cartos en vano e co único propósito de facer propaganda política de que están a facer algo cando a realidade é ben distinta. E dicimos que a realidade das actuacións de este equipo de goberno é ben distinta do que nos queren facer crer por que está baseada en seguir as consignas dos mandos superiores. Por un lado escóndense dos veciños no tema da área sanitaria da Mariña, e por outro comulgan e xustifican a perda constante de dereitos sociais.
Cando tratamos o tema da área sanitaria o grupo socialista defendeu o mantemento da Xestión Integrada da Área Sanitaria única da Mariña, a ampliación real do Hospital da Costa e a aplicación do Plan de Mellora da atención Primaria. Eles defenderon a Área Integral de Lugo. Tendo en conta a opinión dos veciños da comarca que avalan coa súa firma a Área Propia, a decisión do grupo popular soa a traizón.
É patética a defensa que fixeron para xustificar o novo modelo de prezos públicos que a Xunta quere aplicar nos comedores escolares o próximo curso. O grupo socialista levou unha moción para rexeitar esta medida por considerala como un ataque intolerable á escola pública e un desprezo ás familias. O grupo popular votou a favor do copago. Triste.
O grupo socialista levou outra moción para asignar subvencións as entidades deportivas, culturais e recreativas, que sen ánimo de lucro, desenvolven as súas actividades no noso concello e que fan no seu conxunto unha labor moi importante. Compromiso concreto do equipo de goberno para axudar as entidades:cero
A estas alturas do mandato é penoso observar como as posibilidades económicas, sociais, culturais, etc. de Burela se dilúen por ter un equipo de goberno apoucado e pouco comprometido co benestar, dereitos e intereses dos veciños.
Alfredo Llano García. Portavoz do Grupo Municipal Socialista




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



