Unha delegación de afectados/as solicitou unha entrevista coa conselleira de Medio Rural e do Mar pedindo explicacións e que se se depuren responsabilidades.
Lugo, 22 de Marzo de 2013. O venres pola mañá celebrouse diante do edificio administrativo de Lugo unha concentración de gandeiros/as afectados/as polos impagos derivados da “quebra técnica” da empresa Alimentos Lácteos (AALL). Dos 15 millóns de euros que débedas que recoñece ter Alimentos Lácteos, unha parte corresponde ao leite que se lles adebeda aos produtores/as que subministraban leite ás cooperativas que forman parte de AALL, impagos que pode chegar aos catro meses.
FRUGA e unha representación de gandeiros/as afectados/as, presentaron onte unha solicitude de urxencia de entrevista coa conselleira do Medio Rural e do Mar para facerlle chegar directamente a súa preocupación ante a grave situación na que se atopa Alimentos Lácteos.
Os/as labregos/as afectados/as estanse a mobilizar e a loita continuará ata que consigan o cobro dos cartos que se lles adebedan. Igual que os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas non pararán ata que consigan que se lles devolvan o que é seu, os prexudicados do que xa se coñece como as “preferentes do rural”, non se deterán ata que recuperen o que se lles debe.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



